Worten é unha empresa retallista comerciante portugués de produtos electrónicos, de consumo e de entretemento, pertencente ao grupo Sonae, con sede en Carnaxide. En 2022 ten máis de 180 tendas en Portugal. Worten está presente nas principais rexións de Portugal, cunha rede de tendas que contan con dous tipos diferenciados: as grandes superficies, con preto de 500 m2 de superficie de venda, situadas nas galerías comerciais dos hipermercados Continente Modelo, e as megastores (macrotendas), con preto de 2000 m2, situadas nos principais centros comerciais. Historia

A primeira tenda Worten abriu o 12 de marzo de 1996 na localidade próxima a Galiza de Chaves. En España adquiriu a cadea de tendas Boulanger en 2008, e as tendas PC City, en 2011.http://www.sonae.pt/fotos/dados_fin/sonae_rg_2016_pt_212949978259031dd1a2473.pdf A finais de 2018 Worten tiña unha tenda en Santiago de Compostela e outras 48 tendas en España. En 2019, Worten pechou nove tendas.

En marzo de 2021, Worten vendeu 17 tendas en España a MediaMarkt por 5 millóns de euros. A transacción tamén inclúe o futuro peche doutras 14 tendas na España peninsular. Worten centrarase nas vendas a través da canle online e só manterá unha tenda física en Madrid e 15 nas Illas Canarias.

Marcas propias Actualmente Worten posúe as marcas Kunft, Mitsai, Becken e outras.

Notas

Categoría:Empresas de Portugal