2015 Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático ou Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático XXI. A Conferencia organizouse en París, en 2015, do 30 de novembro ao 11 de decembro. Organizouse co obxectivo de limitar a emisión de gases que provocan o efecto invernadoiro.

Resultados da conferencia O 12 de decembro de 2015, 195 estados participantes chegaron a un acordo básico para reducir as emisións de gases; este acordo chámase Acordo de París. No informe de 12 páxinas, os asinantes comprometéronse a tomar medidas para reducir as emisións de carbono, limitando así o efecto invernadoiro a non elevar a temperatura da Terra en máis de dous graos. O informe non marca os prazos, só que se fará canto antes, nin as medidas concretas, polo que recibiu fortes críticas por parte dos ecoloxistas. Laurent Fabius, o ministro francés de Relacións Exteriores, cualificou o tratado de histórico, subliñando que é "magnánimo e equilibrado".

Segundo o Comité Organizador, estas medidas serían suficientes para finais de século, é dicir, para 2100, para que a temperatura global aumente en menos de dous graos con respecto á época preindustrial. https://web.archive.org/web/20151210193406/http://www.cop21.gouv.fr/en/learn/what-is-cop21/

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cambio climático Efecto invernadoiro Quecemento global Sostibilidade Abioxénese

Ligazóns externas

: Sitio web oficial do congreso.

Categoría:2015 Categoría:Conferencias das Nacións Unidas sobre cambio climático Categoría:París