miniatura|250px|Camiñando polo chan miniatura|250px|En voo miniatura|250px|Parella no Territorio Norte, Australia miniatura|250px|Parella no campo, en Queensland miniatura|250px|Parella no niño, no Parque Nacional de Kakadu miniatura|250px|Inmaturo cos pais detrás miniatura|250px|Ovos de Anseranas semipalmata
Anseranas semipalmata é unha especie de ave anseriforme, a única incluída hoxe na familia dos anseranátidos e no seu único xénero, Anseranas.
Taxonomía Descrición Familia A familia foi descrita en 1880 polo avogado e zoólogo británico especializado en ornitoloxía Philip Sclater.
Xénero O xénero decribírao en 1828 o cirurxián, botánico, ornitólogo e naturalista francés René Primevère Lesson.Anseranas Lesson, 1828 na BioLib. Consultada o 19 de outubro e 2022.
Ademais deste único xénero actualmente vivente, rexisatráronse tamén dous xéneros fósiles: † Anatalavis Olson & Parris, 1987 † Anserpica Mourer-Chauviré, Berthet & Hugueney, 2004
Especie A especie fora descrita en 1798 polo médico e naturalista especializado en ornitoloxía inglés John Latham.
Etimoloxías O nome científico Anseranatidae está formado, segundo a norma, pola adición raíz do xenitivo do seu xénero tipo, Anseranas (Anaseranat-) o sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais.
En canto Anseranas está formado pola unión dos xéneros Anser e Anas, indicando que son aves de aparencia intermedia entre os gansos e os patos.Gill, F. & Wright, M. (2006): Birds of the World: Recommended English Names. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-2827-6.
O epíteto específico, semipalmatus, indica que a membrana interdixital que une os tres dedos dianteiros dos pés é moi reducida, unha excepción entre os anátidos.
Nota taxonómica Esta familia situouse na orde dos anseriformes, tendo en conta a estrutura característica do bico, pero considérase distinta das outras familias deste taxon. As familias relacionadas e existentes, anímidos e anátidos, conteñen todos os demais taxons.Myers, P.; Espinosa, R.; Parr, C. S.; Jones, T.; Hammond, G. S. & Dewey, T. A. (2008): "Family Anseranatidae" na Animal Diversity Web.
Sinónimos Xénero Ademais de polo seu nome actualmente vádido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Anseranus G. R. Gray, 1840 Chenogeranus T. Brown, 1842 Choristopus Eyton, 1838
Especie A especie tamén foi coñecida como: Anas melanoleuca Latham, 1801 Anas semipalmata Latham, 1798 (protónimo) Anseranas semipalmatus Anseranas semipalmata hamiltoni Mathews, 1912 Chenogeranus australis T. Brown, 1842
Distribución Anseranas semipalmata é un endemismo do norte de Australia e do sur de Papúa-Nova Guinea.. É especialmente abundante no Parque Nacional de Kakadu, no Territorio Norte de Australia. Como a especie é propensa a vagar, especialmente cando non se reproduce, ás veces rexístrase fóra do seu lugar habitual.
Noutros tempos A especie tamén estivo moi estendida no sur de Australia, pero desapareceu de alí en gran parte debido á drenaxe das zonas húmidas onde antes criaban estas aves. Debido á súa importancia para os aborixes como fonte de alimento,Whitehead, P. J., M. Storrs, M. McKaige, R. Kennett & M. Douglas (2000): Wise use of wetlands in northern Australia: indigenous use. Centre for Tropical Wetlands Management and Centre for Indigenous Natural and Cultural Resource Management. Darwin: Northern Territory University. e posteriormente como suxeitos de caza deportiva,Whitehead, P. J.; Bayliss, P.; Fox, R. E. (1988): "Recreational Waterfowl Hunting Activity and Harvests in Northern-Territory, Australia". Wildlife Research 15 (6): 625 e como atracción turística, a súa presenza estábel no norte de Australia foi garantida garzas a que alí foi protexida.Traill, Lochran William (2009): "Conservation of north Australian magpie geese Anseranas semipalmata populations under global change" PDF, p. 13.
Características Son aves inconfundíbeis coa súa plumaxe branca e negra e o co bico e as súas patas amareladas. Os pés só están parcialmente palmados. Os machos son máis grandes que as femias. A diferenza dos verdadeiros gansos, a súa muda é gradual, polo que non se producen períodos sen voar.
Bioloxía Nutrición Aliméntase de materia vexetal, tanto na auga como en terra.
Reprodución Aniñan nas árbores.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución moi grande moi grande e que, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, que a tendencia da poboación parece ser flutuante e o seu tamaño é moi grande, polo que non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da poboación, cualifica o seu status LC (pouco preocupante).BirdLife International (2016): Anseranas semipalmata] na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 19 de outubro e 2022.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, Josep, Andrew Elliott, Jordi Sargatal, eds. (1992): Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions ISBN 978-84-8733-410-8.
Outros artigos Anseriformes
Ligazóns externas Anseranas semipalmata na ADW. Anseranas semipalmata (Latham 1798) na EOL.
Categoría:Anseriformes Categoría:Aves de Australia Categoría:Aves de Papúa-Nova Guinea