O Reino de Bután e a República Popular da China non manteñen relacións diplomáticas oficiais, e as relacións son historicamente tensas.A New Bhutan Calling (14 de maio de 2008). OutlookIndia.com. Consultado o 30 de maio de 2008. A República Popular da China comparte unha fronteira contigua de 470 quilómetros con Bután e as disputas territorias con Bután foron unha fonte de conflito potencial. Dende a década de 1980, os dous gobernos mantiveron conversas periódicas sobre cuestións fronteirizas e de seguridade destinadas a reducir as tensións.
Contexto Bután ten fortes conexións culturais, históricas, relixiosas e económicas co Tíbet. As relacións co Tíbet foron tensas cando a China anexionou o Tíbet na década de 1950. A diferenza do Tíbet, Bután non tiña antecedentes de estar baixo a soberanía da China nin de estar baixo a soberanía británica durante o Raj Británico.
A fronteira de Bután co Tíbet nunca foi recoñecida oficialmente, e moito menos demarcada. A República da China mantén oficialmente unha reivindicación territorial sobre partes de Bután ata hoxe. A reivindicación territorial foi mantida pola República Popular Chinesa despois de que o Partido Comunista da China tomase o control da China continental na guerra civil chinesa. Co aumento de soldados no lado chinés da fronteira sino-butanesa tras o acordo de 17 puntos entre o goberno tibetano e o goberno central da Repüblica Popular da China, Bután retirou o seu representante de Lhasa.
O alzamento tibetano de 1959 e a chegada do 14º Dalai Lama á veciña India fixo que a seguridade da fronteira de Bután coa China fose unha necesidade para Bután. Estímase que uns 6.000 tibetanos fuxiron a Bután e foronlles concedido o asilo, aínda que Bután posteriormente pechou a súa fronteira coa China temendo máis refuxiados.Bhutan: a land frozen in time (9 de febreiro de 1998). BBC. Consultado o 30 de maio de 2008.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Relacións bilaterais de Bután Categoría:Relacións bilaterais da China