1 A Asociación Galega de Saúde Mental, tamén coñecida como Asociación Galega de Saúde Mental-Asociación Española de Neuropsiquiatría (AGSM-AEN), é unha asociación multidisciplinar que agrupa aos profesionais da saúde mental en Galicia que, na actualidade, está constituída como unha sección territorial da Asociación Española de Neuropsiquiatría.Páxina web da AGSM. Conta cunha historia ampla na defensa da saúde mental, na xeración dun discurso comunitario na atención ao sufrimento mental e ten participado en distintos procesos, tanto institucionais como sociais, dirixidos ao desenvolvemento dunha rede asistencial digna e normalizada.
Xunta directiva No 2022, a xunta directiva da asociación está formada por: Presidente: Ramón Area Carracedo Vicepresidenta: Irene Martínez Montero Tesoureiro: Raimundo Mateos Álvarez Secretaria: Carmen Armas Barbazán Vogais: María Alcira Cibeira Vázquez Federico Menéndez Osorio José Antón Casais Lestón Ramón Ramos Ríos Vogal da AEN: María José Ramil Fraga Vogal-Directora Publicacións: María Jesús Gómez Rodríguez.
Notas
Categoría:Asociacións de Galicia Categoría:Saúde mental