Carmen Delaco, nada na Coruña no 1976, é unha artista galega. O seu traballo pictórico realízase sobre lenzo combinando acrílico e pintura ao óleo, sendo a figura humana, o animal e a natureza as súas principais representacións. A súa arte considérase figurativa, neofigurativa ou expresionista figurativa.
Traxectoria Naceu no 1976 na Coruña onde os seus pais lle impartiron unha educación artística influenciada por Otto Dix ou Pablo Picasso.
No ano 1999 foi vivir ao Reino Unido onde estudou artistas como David Hockney, Lucian Freud e Francis Bacon.
Logo foi vivir a Madrid onde realizou traballos de ilustración, mais finalmente volveu a Galicia.
Exposicións
2019 HUMANILMAL / Exposición Privada - Lisboa 2017 Anima / Exposición Privada - Roma 2013 Caballos / Los Monteros - México DF 2011 D Innumerable / Casa de Galicia - Madrid 2009 Sen título / Canart Instituto de Arte Contemporánea - Shanghai 2009 Versus Delaco / Galería Antonio de Barnola - Barcelona 2008 Sen título / Haven - Melbourne 2007 Estudios / Galería Tribeca - Madrid 2006 Carmen Delaco / Galería Antonio de Barnola - Barcelona 2004 Zita / Centro Cultural Paco Rabal - Madrid 2004 Figures / Sussex Art Gallery - Brighton 2004 Figures / White Gallery - Londres
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas carmendelaco.com Bibliografía
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1976 Categoría:Pintores de Galicia do século XXI