A tempada 2022-2023 da División de Honra da liga nacional de rugby é a 56ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España. Formato de competición A liga está formada por trece equipos en lugar dos doce habituais. Na pasada edición La Vila e Gernika remataron na penúltima e última posición, pero o Alcobendas foi condenado a descender por aliñar repetidamente a un xogador como seleccionable cando no o era. Esta circunstancia afectou a La Vila que quedou exento da promoción. Nun inicio o Gernika tiña que descender, pero reclamaron que a redución de puntos por sanción de Alcobendas significaba que pasaban a ocupar a última posición e, polo tanto, o Gernika debería ter dereito a defender a súa praza na máxima categoría nunha eliminatoria contra o subcampión da División de Honra B, o Belenos. O Belenos xa recibira a confirmación de que tiña unha praza na máxima categoría co descenso de Alcobendas, cando quedou exento da disputa da promoción contra La Vila. A Federación Española de Rugby decidiu que o máis xusto era conceder un lugar na máxima categoría tanto ó Gernika coma ó Belenos, pasando así a División de Honra de doce a trece equipos.

A primeira fase do torneo consiste nunha liga a unha volta na que cada equipo xoga doce encontros, un contra cada equipo rival. Esta fase consta de trece xornadas. En cada xornada se disputan seis encontros e hai un equipo que descansa. Cando remate esta primeira fase os seis primeiros equipos da táboa pasarán á segunda fase dentro do Grupo A, e os sete últimos equipos da táboa pasarán á segunda fase dentro do Grupo B.

Os seis equipos do Grupo A serán tamén os seis equipos que participarán na edición 2023 da Copa do Rei. Sistema de puntuación Cada vitoria suma 4 puntos. Cada empate suma 2 puntos. O equipo que gaña o encontro anotando 3 ensaios ou máis que o rival acada un punto bonus. O equipo que perde o encontro por unha diferenza de 7 tantos ou menos acada un punto bonus. Criterio de desempate No caso de que dous ou máis equipos estean empatados a puntos cando remate a primeira fase, os criterios de desempate serán os seguintes: 1º - Maior número de partidos gañados 2º - Maior diferenza entre tantos anotados e tantos encaixados

Primeira fase A primeira fase da División de Honra comezou o 1 de outubro de 2022 e rematará o 19 de febreiro de 2023. Contará con trece xornadas de competición nas que cada equipo xogará doce encontros e terá un día de descanso. Cando remate a primeira fase todos os equipos terán xogado unha vez contra os seus doce rivais. Esta primeira fase servirá para separar os seis equipos que disputarán a Copa do Rei dos sete equipos que competirán pola permanencia na segunda fase. Táboa Equipo Puntos PX PG PE PP 1 VRAC 53 12 11 0 1 2 CR Ciencias 49 12 10 0 2 3 CD Aparejadores 47 12 10 0 2 4 CR El Salvador 36 12 7 1 4 5 FC Barcelona 34 12 7 0 5 6 UE Santboiana 34 12 7 1 4 7 CR Cisneros 33 12 7 0 5 8 Ordizia RE 25 12 5 0 7 9 Pozuelo RU 23 12 5 0 7 10 Belenos RC 19 12 4 0 8 11 CP Les Abelles 18 12 3 0 9 12 Gernika RT 7 12 1 0 11 13 CR La Vila 0 12 0 0 12 <small> Campión de inverno. Os seis primeiros pasan ó Grupo A e á Copa do Rei. Os sete últimos pasan ó Grupo B. Fonte: ferugby.es

Segunda fase Nesta segunda fase da liga cada equipo xogará contra tódolos equipos do seu grupo, tendo os do Grupo A cinco partidos e os do Grupo B seis partidos. Nesta segunda fase da liga non se parte de cero puntos, mantéñense os puntos acadados por cada equipo durante a primeira fase. Grupo A Equipo Puntos PX PG PE PP 1 VRAC 70 17 14 1 2 2 CD Aparejadores 69 17 15 0 2 3 CR Ciencias 66 17 13 1 3 4 UE Santboiana 43 17 9 1 7 5 FC Barcelona 38 17 8 0 9 6 CR El Salvador 38 17 7 1 9 <small> Clasificados para Cuartos de Final e para a Copa do Rei. Fonte: ferugby.es

Grupo B Equipo Puntos PX PG PE PP 1 CR Cisneros 56 18 12 0 6 2 Ordizia RE 49 18 10 0 8 3 Belenos RC 37 18 8 0 10 4 CP Les Abelles 36 18 7 0 11 5 Pozuelo RU 31 18 6 0 12 6 Gernika RT 17 18 3 0 15 7 CR La Vila 0 18 0 0 18 <small> Clasificados para Cuartos de Final. Promoción. Descenso. Fonte: ferugby.es

Eliminatorias polo título

Promoción Gernika e La Vila remataron nas dúas últimas posición do campionato e perderon a categoría. Alcobendas acadou o ascenso directo despois de gañar a División de Honra B. A promoción foi disputada por Pozuelo, 11º na División de Honra, e Independiente, subcampión da División de Honra B. Nela o Pozuelo acadou a permanencia con claridade. Ida Independiente 25-73 Pozuelo Volta Pozuelo 93-19 Independiente Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby Outros artigos

Categoría:División de Honra de Rugby Categoría:Rugby en 2023