Medio dólar da Exposición InternacionalCalifornia Pacífico "½ Dollar - San Diego California-Pacific Exposition". Numista.com150x150px150x150pxA/: Minerva sedente, con lanza nunha man e escudo na outra, rodeada por unha cornucopia, un oso pardo e un mineiro de ouro, cun barco e as montañas ao fondo. Marca de gravador (RA). Lendas: · UNITED · .STATES · OF · AMERICA · / EVREKA / LIBERTY / HALF · DOLLAR.R/: Vista da capela de San Francisco e a Torre de California. Data. Marca de ceca (D ou S). Lendas: CALIFORNIA · PACIFIC · INTERNATIONAL · EXPOSITION / SAN DIEGO / IN GOD WE TRUST Datas: 1935-1936. Cecas e marcas: Denver (D) en 1935, e San Francisco (S) en 1936. Gravador: Robert I. Aitken. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 430.224 pezas (delas fundíronse 330.000) Diámetro: 30,6 mm. Peso: 12,5 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.

O medio dólar da Exposición Internacional California Pacífico é unha moeda conmemorativa de prata emitida pola Casa da Moeda dos EEUU, con motivo da celebración desta mostra internacional, celebrada en San Diego, California entre 1935 e 1936."San Diego-California-Pacific Exposition Half Dollar". United States Mint."1935-1936 California-Pacific Exposition (San Diego) Half Dollar". American Numismatic Association.

O seu deseño é obra de Robert I. Aitken e cuñouse na Ceca de San Francisco en 1935 e na Ceca de Denver en 1936. No seu anverso reprodúcese unha imaxe de Minerva e outros elementos do Gran Selo do Estado de California, e no seu reverso edificios característicos construídos para a Exposición.

A lei que autorizaba esta moeda de medio dólar foi aprobada sen oposición polo Congreso dos EEUU a principios de 1935 e ao pouco tempo cuñáronse 250.000 exemplares na Ceca de San Francisco. Como as vendas non foron as esperadas e destas quedaron 180.000 moedas por vender, a organización solicitou ao Congreso que as refundise e fixese unha nova emisión datada en 1936, coa esperanza de que esta nova tiraxe tivese mellor acollemento entre o público. Mais as vendas seguiron a ser inferiores ás esperadas e desta segunda emisión quedaron sen distribuír 150.000 exemplares, que tamén acabaron sendo fundidos novamente na casa da moeda.

No mercado do coleccionismo estas moedas véndense hoxe en prezos que roldan os centos de dólares, en función do seu estado de conservación..

Antecedentes e autorización miniatura|200x200px|Selo do Servizo Postal dos EEUU para a Exposición (1935). A Exposición Internacional California Pacífico foi unha feira mundial que tivo lugar no parque Balboa de San Diego en 1935 e 1936. Tratouse dnha das maiores exposicións deste tipo ata aquel momento: ocupou unha extensión de 570 hectáreas, e tivo un custo de 20 millóns de dólares e atraeu uns 3.750.000 visitantes durante os seus dous anos de duración.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 38.

Naquela época, as moedas conmemorativas dos Estados Unidos non eran comercializadas polo Goberno senón que o Congreso, ao aprobar a lei que permitía a súa emisión, adoitaba designar unha organización á que se lle atribuía o dereito exclusivo de adquirilas ao seu valor nominal para logo vendelas ao público cunha prima.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5. No caso do medio dólar conmemorativo da Exposición Internacional California Pacífico esta entidade foi a California Pacific International Exposition Company.Flynn, K. (2008). Páxina 352. miniatura|310x310px|O senador George Burnham, promotor da lei pola que se creou a moeda O republicano de California George Burnham presentou na Cámara de Representantes, o 19 de febreiro de 1935, un proxecto de lei para a creación dunha moeda de medio dólar conmemorativa desta exposición internacional, e o proxecto foi remitido á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas.Congressional Record. Vol. 79. 19 de febreiro de 1935. Páxina 2.259. John J. Cochran, de Missouri, daquela presidente en funcións desa comisión, informou a Cámara o 12 de abril coa recomendación de que se aprobase o proxecto de lei, logo de levar a cabo pequenas modificacións de índole técnica. O proxecto prevía a emisión dun máximo de 250.000 exemplares. Cochran indicou que o congresista Burnham comparecera ante a comisión e declarara que a emisión non suporía ningún gasto para o Goberno e que tamén deixara constancia disto por escrito. Ademais, Burnham tamén escribira que a exposición contaba cunha participación moi considerable do Goberno federal e que os seus funcionarios esperaban que asistisen entre sete e dez millóns de persoas.USHRCCWM (12 de abril de 1935). Páxinas 1-2. Cochran logrou que o día seguinte a Cámara tomase en consideración o seu proxecto de lei, que foi aprobado sen debate previo ningún.Congressional Record. Vol. 79. 13 de abril de 1935. Páxinas 5.606-5.607.

O Senado dos EEUU recibiu o proxecto de lei o 15 de abril e remitiuno á Comisión de Banca e Moeda.Congressional Record. Vol. 79. 15 de abril de 1935. Páxina 5.624. O 23 de abril, o senador por Florida Duncan U. Fletcher, presidente desta comisión, recomendou a súa aprobación, cun informe similar ao da Cámara de Representantes.USSCBC (15 de abril de 1935). Páxinas 1-2. Finalmente, o 26 de abril o proxecto foi aprobado polo Senado por proposta de Fletcher, tamén sen debate previo,Congressional Record. Vol. 79. 26 de abril de 1935. Páxina 6.444. e o presidente Franklin D. Roosevelt asinouno o 3 de maio de 1935, para o converter na Lei Federal 74-50."San Diego California-Pacific Exposition Commemorative Coin Legislation". United States Mint.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 313.

Preparación

Inicio O senador californiano William G. McAdoo, que fora secretario do Tesouro baixo a presidencia de Woodrow Wilson, escribiulle ao secretario do Tesouro en funcións, Henry Morgenthau, para lle propor que o defunto presidente aparecese na moeda de medio dólar; Morgenthau contestoulle que a idea lle parecía "interesante" e suxeriulle que se dirixise á Comisión da Exposición, que era a entidade responsable da elección dos deseños.Flynn, K. (2008). Páxinas 316, 322-323. O número de xaneiro de 1935 da publicación The Numismatist —o xornal da American Numismatic Association—, que se imprimiu antes do trámite do proxecto de lei no Congreso, informou de que os plans eran producir 50.000 moedas dun dólar de prata e outras 150.000 de medio dólar, tamén de prata, coa imaxe do presidente Roosevelt."Status of Commemorative Half Dollars of 1934". En The Numismatist. 26 de xaneiro de 1935. miniatura|160x160px|Os 50 dólares de ouro da Exposición Panamá Pacífico de 1915, tamén deseñados por Aitken, locen igualmente o busto de Minerva."50 Dollars Panama–Pacific Exposition". Numista.com O elixido para levar a cabo os deseños da moeda de medio dólar aprobada foi o escultor Robert I. Aitken, creador doutras moedas conmemorativas anteriores, como a de 50 dólares da Exposición Panamá-Pacífico de 1915. Aitken presentoulle modelos en xeso á Comisión de Belas Artes, que era a encargada —por unha orde executiva de 1921 do presidente Warren G. Harding— de facer recomendacións acerca das obras de arte públicas, incluídas as moedas. O escultor Lee Lawrie foi o membro da comisión encargado de examinar os modelos, que foron aprobados o 5 de xullo de 1935, aínda que Lawrie cuestionou a legalidade de que as moedas omitisen os característicos lemas LIBERTY e E PLURIBUS UNUM. Posteriormente, Aitken engadiu a palabra LIBERTY no anverso.Taxay, D. (1967). Páxinas 172-174. Logo da aprobación final, os modelos foron enviados á compañía Medallic Art Company, de Nova York, para os reducir a cubos do tamaño real da moeda, cos que despois se produciron os cuños na Ceca de Filadelfia, que logo se trasladarían á Ceca de San Francisco.

Deseño miniatura|160x160px|Gran Selo do Estado de California."2009 California Government Code - Section 399-405: Chapter 1. Great Seal Of The State". https://law.justia.com O anverso de Aitken amosa varios elementos do Gran Selo do Estado de California e está protagonizado por unha imaxe sedente de Minerva con casco, que sostén unha lanza na súa man dereita, en tanto que a esquerda descansa sobre un escudo que ten gravada a palabra EUREKA.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 314. Sobre o escudo hai unha éxida coa cabeza de Medusa, e entre a deusa e o escudo hai unha cornucopia chea de produtos, símbolo dos vastos recursos de California. Á esquerda de Mireva reprodúcese a imaxe dun oso pardo.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 37. Detrás deste conxunto, na distancia, hai un mineiro do ouro e un barco veleiro no mar, coas montañas de Sierra Madre ao fondo. O nome do país emisor e o valor facial da moeda rodean este deseño central, coa palabra LIBERTY aos pés de Minerva e un monograma coas siglas do deseñador ao lado do oso.

No reverso aprécianse dous edificios que foron construídos para a Exposición Internacional California Pacífico: a torre California e a capela de San Francisco —posteriormente sede do Museo do Home de San Diego—. Para algúns, a contorna que rodea estes edificios suxire a arquitectura das misións españolas, aínda que Anthony Swiatek e Walter Breen, no seu traballo sobre es moedas conmemorativas estadounidenses, a identifican cunha orla heráldica, habitual nalgunhas moedas de ouro medievais. O nome da exposición rodea o deseño, coa data, o lema IN GOD WE TRUST, a marca de ceca e o topónimo SAN DIEGO entre os dous edificios. miniatura|228x228px|A torre California e a capela de San Francisco, en San Diego. O escritor e investigador numismático Don Taxay cualificou o deseño do medio dólar como "unha moeda moi distinguida artisticamente",Taxay, D. (1967). Páxina 172. e dixo acerca do seu reverso: "non podo pensar noutro motivo arquitectónico que fora tratado con tanto éxito nunha moeda dos Estados Unidos".Taxay, D. (1967). Páxina 174. Pola súa banda, o historiador da arte Cornelius Vermeule tamén gabou a moeda e considerou que a representación de Minerva era "un dous usos máis poderosos da figura na arte numismática americana".Vermeule, C. (1971). Páxina 190. Vermeule considerou que o deseño de Aitken estaba influído polos frontóns e outras obras que este escultor creara durante as décadas de 1920 e de 1930, entre eles o do edificio do Tribunal Supremo dos Estados Unidos. Para el, a representación destes edificios no reverso era "o suficientemente boa como para o que pretendía amosar" e indicou que Gilroy Roberts imitou o estilo monogramático das iniciais do artista ao asinar o seu anverso do medio dólar Kennedy de 1964. Vermeule indicou ademais que a tipografía das lendas "confirma a forza e o equilibrio da experiencia visual total".Vermeule, C. (1971). Páxina 191.

Produción, distribución e coleccionismo En agosto de 1935 cuñáronse 250.132 exemplares do medio dólar na Ceca de San Francisco. Deles, 132 foron enviados a Filadelfia e retidos para a súa inspección na reunión da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos de 1936. As 250.000 moedas restantes enviáronse desde San Francisco ata a sucursal do Bank of America en San Diego, que se encargaría da súa distribución, e puxéronse á venda na Exposición o día 12 de agosto ao prezo dun dólar por unidade. Malia a ampla despregadura publicitaria, só se venderon 68.000 exemplares, e as autoridades da feira quedaron con outros 2.000 máis.