miniatura|Folleto da Seattle Public Schools sobre o uso seguro das bicicletas (1937). Washington, USA Denomínase realia a todo tipo de obxectos que, sen ser deseñados especificamente para a aprendizaxe, utilízanse nos procesos formativos e educativos. Así por exemplo, os folletos, os carteis, a prensa, os alimentos, os obxectos da vida cotiá etc. son fontes de aprendizaxe que poden utilizarse para a aprendizaxe, aínda que orixinariamente non fosen creados para esa finalidade.
Definición
Exemplos É frecuente e tradicional o seu uso para as clases de ciencias, de idiomas ou artísticas. Así, por exemplo, considéranse os seguintes: Cando un/a profesor/a de Ciencias utiliza rocas, flores ou obxectos de refugallo, está a utilizar realia. Cando un/a profesor/a de Lingua ou de idiomas utiliza un recorte de xornal, un folleto publicitario ou un cartel, está a utilizar un realia. Cando un/a profesor/a de Música está a utilizar paus e pedras como elementos de percusión, está a utilizar realia. Cando un/a profesor/a de Artes Plásticas está a utilizar macarrones, envases ou follas secas, está a utilizar realia.
Características Pódense estabelecer as seguintes características dos realia:
Proximidade: o alumnado sente os recursos utilizados como parte da súa contorna e recoñéceos como fonte de aprendizaxe. Familiaridade: elévase o cotián ao nivel da cultura académica. Pertenza: senten os realia como propios como unha achega persoal. Significatividade: os recursos teñen significado e axudan a comprender os conceptos. Implicación: busca a vinculación cos problemas do alumno e alumna implicándoos na súa resolución. Concatenación: permite relacionar os obxectos, os instrumentos, os procedementos, os feitos e os conceptos pasando duns a outros con facilidade. Transferencia: permite dotar a teoría que se constrúe na escola de aplicabilidade á realidade e a novas situacións coas que se atope o estudante.
Clases Podemos estabelecer as seguintes clases de realia:
Obxectos provistos de información: xornais, películas, carteis, cancións, envases etc. Obxectos dignos de ser coñecidos: un compás, unha mazá, un arado, un tear etc. Obxectos que permiten accións sobre outros obxectos: un sacacorchos, un tubo, unha roca, unha agulla etc. Manipulábeis: botóns, macarróns, abelorios, fabas etc. Materias primas: papel, area, arame, fariña etc.
Realia virtuais Aínda que o que describimos focaliza en grande medida obxectos non dixitais, é posíbel transferir o concepto á realidade virtual. Neste caso, poden considerarse realia virtuais os recursos, contornas e obxectos dixitais susceptíbeis de ser utilizados para a aprendizaxe aínda que non sexan deseñados con esa finalidade. Podemos atopar numerosos recursos que cumpren esta definición como gravacións, xogos, documentos, webs, noticias, datos etc. Neste campo, tócase con outra denominación que se utiliza no campo dixital: o obxecto de aprendizaxe. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Didáctica Educación preescolar Educación primaria Educación secundaria Ensino superior Ensino Pedagoxía Recursos educativos abertos
Bibliografía
Mochón Rolda, A. (2005). Los materiales reales en la formación y docencia del profesorado para la enseñanza de la lengua y cultura española. Comunicación presentada ao FIAPE. I Congreso internacional: El español, lengua del futuro. Toledo, 20-23/03-2005. Sanz, M. (2011). El material Realia en el aula de ELE. Publicado en Slideshare.
Categoría:Metodoloxía Categoría:Locucións latinas Categoría:Recursos para o ensino