Carmen Pérez González-Granxeiro, nada en Lugo en 1985, é unha artista multidisciplinar e escritora galega.
Traxectoria Estudou o bacharelato de artes en Lugo no IES Sanxillao, «Cinematografía y Artes Visuales» na Universidade de León e diplomouse no Centre d´Estudis Cinematogràfics de Catalunya, en «Realización e Guión Cinematográficos». Tamén é Técnica Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos e viaxou formándose por Alemaña, os Estados Unidos e Portugal.
Ten traballos de deseño gráfico, ilustración, fotografía ou audiovisuais e obras máis persoais nas que combina tamén estas ferramentas con soportes plásticos ou a reciclaxe.
Ademais de formar parte de exposicións e experiencias artísticas e sociais colectivas, participou no II Congreso Pinto e Maragota pola Diversidade, en videofórums nos centros de Ensino Secundario de Pontevedra e con múltiples palestras en centros educativos sobre cine e fotografía, feminismo, diversidade sexual, desde perspectivas históricas, técnicas, estéticas... Dende 2022 está vencellada ao espazo de Videocreación da USC, onde exerce de xurado e como docente.
En 2015 foi candidata ao Senado con En Marea. É “activista do cotián”, desde o ecoloxismo ata a defensa dos dereitos LGTBI, pasando por unha postura -arredor da prostitución e do traballo sexual- que non encadra nin no abolicionismo nin no regulacionismo e que resume en "Por un abolicionismo consciente e práctico contra todo tipo de proxenetismo. Traballo sexual dende unha perspectiva libertaria.".
Obra literaria
miniatura|A autora presentando Estranxeiras na Libraría Paz de Pontevedra con Sara Vila e Eva Mejuto (10/11/2022)Estranxeiras (2022). Vigo: Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-1110-155-4. ePub: ISBN 978-84-1110-160-8. A obra é "unha representación LGBTIQA feita con sensibilidade, na que se reclama o rural como espazo de liberdade e reivindicación".
Audiovisuais
Palmas (2008) Etiquétame (2014). Finalista do Premio Nacional Canal+ á Mellor Videocreación. De cara ao Miño (2016). Documental sobre o movemento veciñal lucense arredor do río. Ás 20.30 hrs (2016). 1948-2016, un final para empezar (2016). Documental. Atenas. Meeting Point (2017). Benvidas ao club (2018). Documental froito do contacto coa Plataforma Contra a Impunidade da operación Carioca. Un día normal (2019). Persoas S.A. (2021). Nun tempo de horta (2022). Alex and Munchie: contra o cisheteropatriarcado (2023) Escenas dun consenso (2024). Historia sobre a Batukada Transfeminista Tamborililás.
Premios
Festival de Málaga a Biznaga de prata, premio especial «Afirmando los derechos de las mujeres», por Benvidas ao club. II Premio Literario Pinto e Maragota pola Diversidade Sexual e de Xénero, por Estranxeiras. Mellor linguaxe visual, 3º Certame de Videocreación da USC de Lugo, por S.A.E. Premio Araceli Herrero á mellor linguaxe comunicativa no 2º Certame de Videocreación da USC de Lugo, por Artefacto. No Humus Film Festival, en La Casa Encendida de Madrid é premiada como mellor curta en categoría fantástica Ás 20.30 hrs. Premio Xohana Torres 2024 pola súa longametraxe Escenas dun consenso.
Notas
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1985 Categoría:Alumnos da Universidade de León