Mariam Edez Adelaida Leventon (en ), nada en Ialta (Imperio Ruso) o 22 de maio de 1879 e finada nos Ánxeles o 13 de xullo de 1945, foi unha actriz, produtora e guionista ruso-estadounidense, coñecida como Alla Nazimova (en ) e tamén como Nazimova e Alia Nasimoff.

Traxectoria Nazimova era filla de Yakov Leventon e Sonya Horowitz, familia de orixe xudía que vivía en Ialta (Crimea), entón parte do Imperio Ruso. Os seus pais separáronse e como consecuencia pasaba o tempo entre a escola, fogares alleos e parentes. Istro provocoulle unha alteración emocional que a rebelou contra a autoridade como medio de gañar a atención. Foi unha nena precoz, e aos sete anos tocaba o violín. De adolescente comezou a interesarse polo teatro e recibiu clases na academia de interpretación de Moscova, antes de entrar no Teatro da Arte de Moscova de Konstantin Stanislavski, co nome de Alla Nazimova. O seu nome artístico derivaba da combinación de Adelaida con Nadezhda Nazimova (a heroína da novela rusa Nenos das rúas), a quen ela admiraba. Casou con Sergei Golovin, compañeiro actor, en 1889; non obstante, o matrimonio era «unicamente nominal», e nunca chegaron a divorciarse legalmente.

A carreira teatral de Nazimova floreceu axiña e en 1903 xa era unha estrela en Moscova e San Petersburgo. Viaxou por Europa, actuando en Londres e Berlín, xunto ao seu amigo Pavel Orlenev, actor e produtor. En 1905, ambos trasladáronse a Nova York e fundaron un teatro en lingua rusa no Lower East Side. A aventura non tivo éxito e Orlenev volveu a Rusia, aínda que Nazimova quedou en Nova York.

Asinou un contrato co produtor Henry Miller e debutou en Broadway en 1906 con éxito tanto de crítica como de público. Fíxose extremadamente popular con rapidez (un teatro recibiu o seu nome) e continuou a brillar en Broadway durante anos, con frecuencia actuando en obras de Henrik Ibsen e Anton Chekhov.

Nazimova debutou no cinema en 1916 grazas á notoriedade que conseguiu por unha obra de 35 minutos de duración de 1915 titulada War Brides que chamou a atención de Lewis J. Selznick. Nos anos seguintes rodou un gran número de filmes de moito éxito que lle proporcionaron uns ingresos considerables. En 1917, gañaba 30 000 dólares por filme, cun premio de 1000 dólares por cada día filmado, o que chegaba a supor 13 000 dólares por semana. Nesa época, a actriz Mary Pickford gañaba unicamente 3000 dólares semanais.

En 1918, con 39 anos, Nazimova tiña bastante experiencia como para comezar a producir e escribir filmes en que tamén actuaba. Nas súas adaptacións de autores tan importantes como Oscar Wilde e Ibsen, desenvolveu as súas propias técnicas fílmicas, consideradas atrevidas para a época. Os seus proxectos, incluídos A Doll's House (1922), baseado na obra de Ibsen, e Salomé (1923), baseado nun traballo de Oscar Wilde, tiveron pouco éxito de público e perdeu con eles unha cantidade importante de diñeiro.

Contra 1925, xa non puido afrontar o investimento económico que supuña a produción cinematográfica, polo que deixou o cinema e volveu actuar en Broadway ata comezos da década de 1940, cando volveu traballar nuns poucos filmes, posiblemente por necesidades económicas. Dous destes papeis foron o da nai da personaxe de Robert Taylor en Escape (1940) e o da nai da personaxe de Tyrone Power en Blood and Sand.

A súa vida privada deu lugar a moitos rumores sobre festas estrafalarias e libertinas na súa mansión de Sunset Boulevard, coñecida como The Garden of Alla ("O xardín de Alla"), construída en 1919, e que en 1927 se converteu nun complexo de hotel e apartamentos. Nos anos posteriores ela continuou a vivir nunha das vivendas. Nazimova viviu un matrimonio de conveniencia con Charles Bryant (1879-1948), pois ambos eran homosexuais. un actor de Nova York, entre 1912 e 1925.

Entre os anos 1917 e 1922, Nazimova tivo unha considerable influencia e poder en Hollywood. Era extremadamente xenerosa coas actrices novas de talento e en ocasións mantivo relacións sentimentais con algunhas delas. Un exemplo notable foi Anna May Wong, que tivo o seu primeiro papel no filme The Red Lantern como extra aos catorce anos de idade. Axudou tamén a iniciar as carreiras das esposas de Rodolfo Valentino, Jean Acker e Natacha Rambova. Nazimova tivo unha relación sentimental con Acker, mais debátese sobre se a súa amizade con Rambova chegou algunha vez a unha aventura amorosa. Houbo rumores sobre unha relación entre Nazimova e Rambova, que se menciona en Dark Lover, a biografía de Rodolfo Valentino escrita por Emily Leider, aínda que nunca chegaron a confirmarse. Nazimova quedou impresionada polo traballo de Rambova como directora artística, e Rambova deseñou os innovadores decorados das producións de Nazimova Camille e Salomé. Entre as que tiveron unha relación amorosa confirmada con Nazimova están Eva Le Gallienne, a directora Dorothy Arzner, a escritora Mercedes de Acosta e Dolly Wide, sobriña de Oscar Wilde.

En 1927, nacionalizouse estadounidense. Nazimova viviu coa súa parella Glesca Marshall desde 1929 ata a súa morte en 1945. Amiga da actriz Edith Luckett e do seu marido, Loyal Davis, Nazimova foi a madriña da futura primeira dama Nancy Reagan.

Aínda que sufriu un cancro de mama, Nazimova faleceu por unha trombose coronaria aos 66 anos en 1945, no Hospital Good Samaritan dos Ánxeles, California, e foi enterrada no cemiterio Forest Lawn Memorial Park de Glendale.

A súa contribución á industria cinematográfica foi recoñecida coa concesión dunha estrela no Paseo da Fama de Hollywood.

Legado Nazimova foi retratada no cinema en varias ocasións. Dúas delas foron filmes biográficos sobre Rodolfo Valentino, The Legend of Valentino (1975), en que a interpretou Alicia Bond e Valentino (1977), en que foi interpretada por Leslie Caron. Tamén apareceu como personaxe en filmes como Return to Babylon (2008), sobre o cinema mudo de Hollywood, onde a interpretou Laura Harring.

Filmografía Ano Filme Personaxe Notas 1916 War Brides JoanFilme perdido 1918 Revelation Joline Toys of Fate Zorah/Hagah A Woman of France Eye for Eye Hassouna Tamén produtora e codirectora 1919 Out of the Fog Faith & EveFilme perdido The Red Lantern Mahlee & Blanche Sackville The Brat The Brat Tamén produtora e guionista. Filme perdido 1920 Stronger Than Death Sigrid FersenTamén produtora The Heart of a Child Sally SnapeTamén produtora. Filme perdido Madame Peacock Jane Gloring/Gloria Cromwell Tamén produtora e guionista (adaptación) Billions Princess Triloff Tamén guionista dos intertítulos e montadora. Filme perdida 1921 Camille Marguerite Gautier/Manon Lescaut in Daydream 1922 A Doll's House Nora Helmer Tamén produtora e guionista. Filme perdido 1923 Salomé Salomé Tamén produtora 1924 Madonna of the Streets Mary Carlson/Mary Ainsleigh 1925 The Redeeming Sin JoanFilme perdido My Son Ana SilvaFilme perdido 1940 Escape Emmy Ritter 1941 Blood and Sand Señora Angustias Gallardo 1944 In Our Time Zofya Orvid The Bridge of San Luis Rey Doña Maria – The Marquesa Since You Went Away Zofia Koslowska

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Golden, Eve (2001). Golden Images: 41 Essays on Silent Film Stars. Jefferson, North Carolina: McFarland & Company. . Lewton, Lucy Olga (1988). Alla Nazimova, My Aunt, Tragedienne: A Personal Memoir. Minuteman Press. Smith, Frederick James (September 1918). "Those Nazimova Eyes!" in Picture Play. Ligazóns externas Alla Nazimova Society

Alla Nazimova at the Women Film Pioneers Project History of the Garden of Allah with photos The Vanished Garden of Carnal Abandon Nazimova photo gallery NYP Library Photographs and literature on Alla Nazimova

Categoría:Nados en Crimea Categoría:Nados no século XIX Categoría:Finados en 1945 Categoría:Actores de cinema de Rusia Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro de Rusia Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Paseo da Fama de Hollywood