Högsby é un municipio sueco (kommun) do condado de Kalmar. A súa capital é Högsby. O municipio limita ao sur co de Nybro, ao leste co de Mönsterås e ao norte co de Hultsfred. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 5 321 habitantes.

Administración histórica A área do concello correspóndese coa das parroquias de Fagerhult, Högsby e Långemåla. Nesas parroquias fundáronse municipios rurais co mesmo nome durante a reforma muncipal de 1862. En 1889 naceu o concello rural de Fågelfors ao separarse do de Högsby.

A localidade municipal de Ruda estableceuse o 24 de setembro de 1948 e disolveuse a finais de 1959.

Coa reforma municipal de 1952 Fågelfors e Långemåla uníronse ao municipio rural de Högsby.

En 1969 o municipio rural de Fagerhult incorporouse ao de Högsby. O concello de Högsby nacería coa reforma muncipal de 1971 a través dunha reorganzación.

Dende a súa fundación ata 2005 pertenceu ao partido xudicial de Oskarshamn, e dende entón pertence ao de Kalmar.

Xeografía O concello de Högsby atópase no centro do condado de Kalmar e limita ao sur co municipio de Nybro, ao leste co de Mönsterås, ao nordés co de Oskarshamn e ao norte co de Hultsfred, todos eles no condado de Kalmar. Tamén fai fronteira co concello de Uppvidinge ao oeste, no condado de Kronoberg.

Demografía

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Kalmar