miniatura|250px|Ovos de Pluvialis fulva A píldora dourada siberianaPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Pluvialis fulva) é unha especie de ave da orde dos caradriformes, suborde dos caradrios e familia dos carádridos, unha das catro integradas no xénero Pluvialis.

É unha ave costeira migratoria que se reproduce durante o verán en Alasca e Siberia. Durante a época non reprodutiva, esta píldora de tamaño mediano migra cara ao Pacífico.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1789 polo naturalista e químico alemán Johann Friedrich Gmelin,Pluvialis fulva (J. F. Gmelin, 1789) na BioLib. Consultada o 10 de setembro de 2922.Pluvialis fulva (Gmelin, 1789) no GBIF. Consultado o 10 de 2022.Pluvialis fulva (Gmelin, 1789) no WoRMS. Consultado o 10 de setembro de 2922. baixo o nome de Charadrius fulvus.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Charadrius fulvus Gmelin, 1789 (protónimo) Charadrius griseus Latham, 1801 Charadrius xanthocheilus Wagler, 1827

Etimoloxías Para a do xénero, ver Pluvialis.

O epíteto específico, fulva, é o nominativo feminino singular do adxectivo latino fulvus, -a, -um, "amarelado", "de cor dourada".Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, páxina 166.

Morfoloxía

O adulto mide de 23 a 26 cm de longo e presenta unha plumaxe de cor dourada e negra na cabeza, dorso e ás. A súa face e pescozo son negros cunha beira branca e a fronte, coxas e patas tamén son negras. En inverno perde a plumaxe escura e substitúeo por outro máis amarelado na face, coas partes inferiores de cor branca.

A súa envergadura media é de 61 cm. No seu estado máis lixeiro e sen graxa, as aves pesan uns 135 g. En marzo, as aves comezan a gañar peso. Antes de marchar para os seus lugares de cría do Ártico, as aves pesan uns 198 g.Johnson, Oscar W. & Scott, Susan (2016): Hawai'i's Kōlea: The Amazing Transpacific Life of the Pacific Golden-Plover. Honolulu: University of Hawai'i Press. ISBN 978-0-8248-6696-9.

É similar ás outras dúas píldoras douradas, a píldora dourada europea (Pluvialis apricaria) e a píldora dourada americana (Pluvialis dominica). A siberiana é de menor tamaño e ten patas máis longas que a europea, que tamén ten plumas axilares brancas. Aseméllase moitísimo á americana, e nalgún momento foron considerados da mesma especie. Sangster, G.; Knox, A .G.; Helbig, A. J. & Parkin, D. T. (2002): "Taxonomic recommendations for European birds". Ibis 144 (1): 153–159. A píldora dourada siberiana ten complexión máis delgada que a especie americana, patas máis longas e un ton amarelo máis vivo na súa parte posterior.

Distribución

Habita na tundra ártica, desde o extremo norte de Asia ata o oeste de Alasca. Fai o niño no chan, nunha zona seca aberta.

É unha ave migratoria e pasa o inverno no sur de Asia e en Australasia. Un número reducido de exemplares migra cara a California e Hawai, nos Estados Unidos. Tamén é unha ave accidental en Europa Occidental, incluída Galicia.

Alimentación

Aliméntase de insectos, crustáceos, arañas e froitos vermellos, que encontra na tundra, en campos, praias e outras zonas chairas, xeralmente localizándoos coa vista.

Estado de conservación

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerable segundo o criterio do tamaño da área de distribución e, a pesar de que a tendencia da poboación parece estar diminuíndo, non se cre que a diminución sexa o suficientemente rápida como para acercarse aos limiares de vulnerable de acordo co criterio de tendencia da poboación. Por estas razóns, o status da especie avalíase como LC (pouco preocupante).BirdLife International (2019): Pluvialis fulva na Liata vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 9 de novembro de 2022.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Brazil, Mark (2009): Birds of East Asia Eastern. China, Taiwan, Korea, Japan, Eastern Russia. Helm Field Guides. London: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-7040-0. del Hoyo, J., Elliott, A. & Sargatal, J. (1996): Handbook of the Birds of the World, vol. 3: Hoatzin to Auks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7.

Outros artigos Caradriformes Caradrios Carádridos Pluvialis

Ligazóns externas Field Guide: Birds of the World. Mural. Etiquetas. Pluvialis fulva en flickr.com.

Categoría:Carádridos Categoría:Animais descritos en 1789