O conde Johann Adolf Graf von Kielmansegg nado o 30 de decembro de 1906 e finado o 26 de maio de 2006, foi un xeneral alemán que serviu na Wehrmacht da Alemaña nazi durante a Segunda guerra mundial, na Bundeswehr da República Federal Alemá) e foi Comandante supremo da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN).
Biografía
Traxectoria militar Recibiu formación na Academia de Guerra Prusiana, serviu co exército alemán en Polonia, Francia e Rusia. Foi detido pola Gestapo como co-conspirador Como co-conspirador do golpe do 20 de xullo de 1944, pero foi liberado e reintegrado ao Heer para dirixir as tropas durante a Batalla das Ardenas e dirixiu o 111º Rexemento de Granadeiros Panzer até o final da guerra, cando se rendeu ao exército estadounidense e británico.
En 1955, Kielmansegg uniuse á Bundeswehr, as novas forzas armadas da RFA, como xeneral de brigada. Comandou divisións blindadas e máis tarde recibiu o rango de Comandante Supremo das forzas terrestres da OTAN en Europa Central. Xubilouse en 1968. Morreu aos 99 anos en Bonn en maio de 2006.
Obra escrita Escribiu o libro The Fritsch Affair de 1938, onde pretendía defender ao seu tío, o xeneral Werner von Fritsch, das acusacións de Himmler e Göring de "actividades homosexuais". "Johann-Adolf, Count von Kielmansegg". Encyclopædia Britannica. Página acessada em 6 de janeiro de 2014. Grazas ao libro e a outras presións, Hitler reincorporou a W. von Fritsch ao exército.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Operación Valkiria Adolf Heusinger Johannes Steinhoff Karl Schnell (xeneral) Franz-Joseph Schulze Ferdinand Maria von Senger und Etterlin Ligazóns externas
"Xeneral Johann Adolf Graf von Kielmansegg", Times
Categoría:Militares de Alemaña Categoría:Finados en 2006 Categoría:Nados en 1906 Categoría:Militares de Alemaña da segunda guerra mundial Categoría:Militares da OTAN