Carlota Bustelo García del Real, nada en Madrid o 1 de novembro de 1939 e finada o 16 de outubro de 2025, foi unha política española.

Traxectoria Licenciada en Ciencias Políticas. Pertence ao PSOE desde 1974 e en 1976 participou na creación da Fronte de Liberación das Mulleres. Foi deputada por Madrid polo PSOE na lexislatura constituínte (1977-1979). Defendeu a legalización dos anticonceptivos e a igualdade constitucional. Foi a primeira directora do Instituto da Muller en España (1983-1988).

Dereitos das mulleres Bustelo formou parte dos inicios do movemento feminista en España. Segundo o investigador Francisco Arriero Ranz, a finais dos anos 60 e principios dos 70 formou parte do Movemento Democrático das Mulleres xunto con outras mulleres de orixe socialista como Helga Soto ou Graciela Uñá.

En 1975 foi unha das principais impulsoras do grupo Muller e Socialismo:

Defensora das cotas e da paridade nos partidos, rexeitou ser incluída nas listas do PSOE nas eleccións lexislativas de marzo de 1979 por considerar que o número de mulleres incluídas era insuficiente.

A súa participación foi clave na Lei do Divorcio aprobada en España o 22 de xuño de 1981.

Defensora dos dereitos sexuais e reprodutivos, comprometida coa loita polo dereito ao aborto, mostrouse partidaria de que o PSOE desenvolvese unha "lei de prazos" "que permitise ás mulleres decidir libremente durante os tres primeiros meses coa máxima información posible" contando co apoio de Esquerda Unida.

Sobre a prostitución, avogou por abordar a prostitución como unha cuestión política, debatida en toda a sociedade, do mesmo xeito que ocorreu cos malos tratos e a violencia contra as mulleres . Como obxectivo inmediato, os dereitos humanos das prostitutas deben ser respectados. A longo prazo, o obxectivo é que a prostitución desapareza.

De 1994 a 1999, Bustelo foi a presidenta fundadora da Fundación Mujeres, organización na que seguiu traballando na defensa dos dereitos das mulleres e da que, denden 2020, é presidenta de honra.

En maio de 2020 renunciou á dotación económica (15.000 euros) que estaba asociada ao Premio Internacional Luisa de Medrano á Igualdade, para destinala a recursos, a favor das mulleres vítimas de violencia de xénero e creada no contexto da COVID-19.

Premios e honras

Premio anual 2022 na súa XXV edición da asociación feminista El Club de las 25. Ano que coincide cos 25 anos de existencia.

Premio Internacional da Igualdade Luisa de Medrano (2020), outorgado pola Xunta de Castela-A Mancha.

Premio Muller Progresista (1995).

Obra

Reflexiones sobre mujer y feminismo (1977). Una alternativa feminista (1979). Prólogo no libro: Las Mujeres de los 90: El largo trayecto de las jóvenes hacia su emancipación (1991) Autoría: Josep María Riera, Josep María Riera Mercader e Elena Valenciano. Ediciones Morata

Notas

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Feministas de Madrid Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2025