Estocolmo é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo. A súa capital é a cidade de Estocolmo, que tamén é a capital do país.

A meirande parte do municipio está urbanizada, pero as áreas sen edificar teñen unha natureza variada con moitas illas e zonas verdes. O antigo gran sector industrial reduciuse xa que moitas das industrias manufactureiras abandonaron o municipio. Porén, moitas empresas optaron por manter as súas sedes na capital. Unha gran maioría dos empregos no municipio atópanse na administración e no sector servizos.

Ata a década de 1960 a poboación aumentou, e nos 20 anos seguintes o concello perdeu un 25% dos seus habitantes. Posteriormente a poboación volveu medrar ata principios da década de 2020.

Xeografía O concello está situado nas partes meridionais da provincia histórica de Uppland e nas meridionais da de Södermanland. Ao leste atópase o mar Báltico co arquipélago de Estocolmo, e ao oeste está o lago Mälar. Ao sueste limita co municipio de Tyresö, ao sur co de Huddinge, ao oeste co de Ekerö, ao norte cos de Järfälla, Sollentuna, Danderyd, Sundbyberg e Solna, e ao leste cos de Lidingö e Nacka, todos no condado de Estocolmo.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Estocolmo