Faa yeung nin wa (en ) é un filme de Hong Kong e Francia de 2000 escrito, producido e dirixido por Wong Kar-wai, e protagonizado por Tony Leung e Maggie Cheung. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2000 o 20 de maio, conseguindo a aclamación da crítica e un nomeamento á Palma de Ouro; Leung gañou o premio ao mellor actor (sendo o primeiro actor de Hong Kong en conseguilo). Foi escollido como candidato de Hong Kong ó Óscar ó mellor filme internacional na 73ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Sinopse A acción desenvólvese en Hong Kong en 1962. Chow Mo-Wan, redactor xefe dun diario local, aluga un cuarto nun apartamento o mesmo día que Su Lizhen, secretaria dunha compañía navieira. Son veciños e por motivos de traballo as súas respectivas parellas déixanos sós durante certo tempo. A pesar de ter unha rendeira e uns veciños amigábeis, Chow e Su atópanse a miúdo sós nos seus cuartos e traban amizade.

Chow descobre que as súas respectivas parellas manteñen unha relación extramatrimonial e a partir dese día comezan a pasar máis tempo xuntos, reconfortándose o un coa presenza do outro. Segundo a súa relación se volve máis íntima e a xente comeza a darse de conta, cada un intenta persuadir o outro para que non abandone a súa parella.

Personaxes Maggie Cheung como Su Li-zhen (Mrs. Chan) Tony Leung como Chow Mo-wan Siu Ping Lam como Ah Ping Rebecca Pan como Mrs. Suen Kelly Lai Chen como Mr. Ho Joe Cheung como o home que vive no apartamento de Mr. Koo Chan Man-Lei como Mr. Koo Chin Tsi-ang como serva de Suen Roy Cheung como Mr. Chan (voz) Paulyn Sun como Mrs. Chow

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hong Kong propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 73ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Wong Kar-wai Categoría:Filmes rodados en Tailandia Categoría:Filmes rodados en Shanghai Categoría:Filmes rodados en Camboxa Categoría:Filmes ambientados en Hong Kong Categoría:Filmes ambientados en 1962 Categoría:Filmes sobre o matrimonio