Thoroughbreds é un filme estadounidense de 2017 escrito e dirixido por Cory Finley. Conta a historia dunha estudante adolescente chamada Lily (Anya Taylor-Joy) e da súa emocional amiga Amanda (Olivia Cooke) que artellan matar ao padrasto de Lily (Paul Sparks) mediante un contrato cun narcotraficante (Anton Yelchin); Francie Swift interpreta á nai de Lily.
Thoroughbreds foi rodado a mediados de 2016. Dúas semanas despois de rematar a produción, Yelchin morreu nun accidente. O filme estreouse como Thoroughbred no Festival de Cinema de Sundance o 21 de xaneiro de 2017. Máis dun ano despois, o 9 de marzo de 2018, recibiu unha ampla estrea por parte de Focus Features. É o derradeiro filme estadounidense de Yelchin, e está dedicado a el.
O filme recadou 3 millóns de dólares fronte a un "orzamento de mediados de sete cifras" e recibiu críticas positivas da crítica, que eloxiou a ambiciosa dirección, guión e actuacións, especialmente de Cooke e Taylor-Joy.
Personaxes Anya Taylor-Joy como Lily Reynolds Olivia Cooke como Amanda Anton Yelchin como Tim Paul Sparks como Mark Francie Swift como Cynthia Reynolds Kaili Vernoff como Karen Alex Wolff como amigo da festa
Notas
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Massachusetts Categoría:Filmes de comedia adolescente dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes sobre cabalos