O Boeing 737 AEW&C é un avión bimotor de alerta temperá e control aerotransportado baseado no deseño do Boeing 737 Next Generation. É máis lixeiro que o Boeing E-3 Sentry baseado no 707, e ten unha antena fixa dun radar de varredura electrónica activa en vez dunha xiratoria. Foi deseñado para a Real Forza Aérea de Australia (RAAF) baixo o "Proxecto Wedgetail" e designouse E-7A Wedgetail.
O 737 AEW&C tamén foi escollido pola Forza Aérea de Turquía, coa designación E-7T, a Forza Aérea de Corea do Sur, e o Reino Unido, como o Wedgetail AEW1. En abril de 2022 a Forza Aérea dos Estados Unidos anunciou que o AEW&C substituirá ao E-3 a partir de 2027.
Notas
Categoría:Aeronaves de Boeing Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 2004