Pedro Antonio Marín Marín, coñecido polos seus alias de Manuel Marulanda Vélez e Tirofijo, nado en Génova, Quindío o 13 de maio de 1930, e finado en Meta o 26 de marzo de 2008, foi un campesiño e guerrilleiro comunista colombiano, considerado como o máis veterano do mundo e do seu tempo.

O seu primeiro alias, Tirofijo, provén da súa habilidade para acertar no branco ao disparar con armas de fogo durante os seus días de combatente,Leñador, panadero y luego fundador de las Farc, 'Tirofijo', vivió 44 años en guerra El Tiempo. Consultado o 25 de febreiro de 2018.El oficio de ser Tirofijo El País. Consultado o 25 de febreiro de 2018.Muere 'Tirofijo', el guerrillero más viejo del mundo EuropaPress. Consultado o 25 de febreiro de 2018. mentres que o de 'Manuel Marulanda Vélez' provén dun antigo líder comunista asasinado durante La Violencia e que adoptou como homenaxe.

Fundou co alias Jacobo Areas a guerrilla Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia - Exército do Pobo (FARC-EP) e pertenceu ao seu órgano directivo (Secretariado das FARC-EP) dende a súa fundación en 1964 até a súa morte no ano 2008.

Notas

Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Membros das FARC