O Día da Hixiene Menstrual é unha iniciativa que se celebra o 28 de maio co obxectivo de acabar coa pobreza menstrual, concienciar sobre a hixiene e a mala xestión menstrual, así como cambiar as percepcións negativas ou estigmas arredor da menstruación. O proxecto foi iniciado pola ONG alemá WASH United en 2013. A data refírese á duración media do ciclo menstrual (28 días) e do sangrado (5 días) e comezou a celebrarse en 2014. Nesta data évanse a cabo actividades conxuntas con asociacións e empresas membros da coalición WASH United e celébrase a nivel mundial con obradoiros, seminarios, discursos, campañas nos medios, proxeccións audiovisuais, marchas e exposicións. En 2018, catrocentas organizacións participaron na xornada a nivel mundial e en 2019 houbo 726 eventos en 74 países.
A Organización Mundial da Saúde define o Día da Hixiene Menstrual como unha oportunidade para integrar medidas relacionadas co manexo da menstruación en programas e políticas a nivel global, nacional e local.
Notas
Categoría:Días de concienciación Categoría:Hixiene feminina Categoría:Menstruación