A devolución de poder ou devolución de poderes é unha transferencia ou delegación política dunha entidade a outra, ou dunha persoa a outra. Normalmente ocorre dunha entidade superior a unha entidade inferior (principio de subsidiariedade).
A delegación de autoridade a un goberno soberano (véxase Estrutura de poder); No marco da rexionalización dun país (no caso da autonomía territorial), ás veces con finalidade federalista (que establece un goberno federal), a delegación nunha ou outra rexión dalgunhas das competencias que antes residían no goberno central.
Exemplos
Home Rule en Irlanda. Devolución do poder no Reino Unido: Restablecemento do Parlamento escocés en 1999, 300 anos despois de que Escocia abandonara o seu parlamento nacional á súa entrada no Reino Unido (1707). Establecemento de gobernos autónomos en Gales e en Irlanda do Norte. Os Estatutos de Autonomía en España (1932-1939 e após 1978). As rexións autónomas de Italia desde 2001. Descentralización en Francia. Establecemento da rexión autónoma de Nunavut no Canadá (Véxase tamén Quebec · Federación canadense ) Establecemento do estatuto de autonomía de Groenlandia, no Estado de Dinamarca, en 2009. Establecemento do réxime federal en Bélxica en 1993.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Federalismo Confederación Centralización Descentralización Autonomismo territorial
Categoría:Federalismo Categoría:Administración