The Principles of Pleasure é unha serie documental de Netflix de 2022 dirixida por Niharika Desai. A serie examina o mundo do pracer feminino e a súa falta de comprensión na ciencia moderna. A serie componse de tres episodios e estreouse en liña a través de Netflix o 22 de marzo de 2022. Está narrada pola actiz Michelle Buteau.

Sinopse A serie busca apoderar e educar aos espectadores sobre o corpo e o pracer femininos. Os temas tratados na serie van desde a historia da educación sexual, a fenda do orgasmo, o rol de xénero nos medios de comunicación e na sociedade, a falta de investigación sobre a sexualidade das mulleres que se remonta a séculos atrás e o consentimento.

Entre os entrevistados figuran Emily Nagoski, autora do libro Come as You Are.

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022