O Ilyushin Il-2 (cirílico: Илью́шин Ил-2) Shturmovik (cirílico: Штурмови́к, Shturmovík) foi un avión de ataque ao chan producido pola Unión Soviética en grandes números durante a segunda guerra mundial. O Il-2 nunca recibiu un nome oficial e 'shturmovik' é a palabra xenérica rusa para referirse a un avión de ataque ao chan. A palabra tamén aparece en fontes occidentais como StormovikStapfer, 1995 e Sturmovik.Rastrenin, 2008

Durante a guerra fabricáronse 36 183 unidades do Il-2, e xunto co seu sucesor, o Ilyushin Il-10, construíronse un total de 42 330 aparellos,Jane's 1989, p. 529 converténdose no avión militar máis producido da historia, ademais dun dos avións máis fabricados xunto co avión civil estadounidense Cessna 172 e o biplano multipropósito soviético Polikarpov Po-2 Kukuruznik.

Entre os pilotos do Il-2, o avión era coñecido polo diminutivo "Ilyusha". Para os soldados de terra era o "Chepudo", o "Carro de combate voante" ou o "Infante voador". A súa designación OTAN de posguerra foi "Bark".Gunston 1995, p. 106 O Il-2 xogou un papel crucial na Fronte Leste. Cando as factorías se atrasaban nas súas entregas, Iosif Stalin dicíalles aos xerentes que o Il-2 eran "tan esencial para o Exército Vermello como o aire e o pan".Hardesty 1982, p. 170

Notas

Véxase tamén Bibliografía Gunston, Bill. The Osprey Encyclopedia of Russian Aircraft 1875–1995. Londres: Osprey, 1995. . Rastrenin, Oleg. IL-2 Sturmovik Guards Units of World War 2 (Osprey Combat Aircraft, no 71). Oxford, UK: Osprey Publishing, 2008. . Stapfer, Hans-Heiri. Il-2 Stormovik in Action (Aircraft number 155). Carrollton, TX: Squadron/Signal Publications, Inc., 1995. .

Categoría:Aeronaves de Ilyushin Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1939