Fabijan Janavič Abrantovič (en ), nado o 14 de setembro de 1884 en Vieraskava (uezd de Novogrudok, gobernación de Minsk, Imperio Ruso) e finado o 2 de xaneiro de 1946 en Moscova (RSFS de Rusia), foi un eclesiástico greco-católico belaruso, relixioso mariano, exarca apostólico de Harbin. Traxectoria Fabijan Abrantovič naceu nunha familia de granxeiros o 14 de setembro de 1884 na aldea de Vieraskava, no uezd de Novogrudok, entón parte da gobernación de Minsk do Imperio Ruso, e hoxe no distrito de Navahrudak de Belarús.

Estudou no seminario de San Petersburgo até 1906, e continuounos até 1910 na Academia Teolóxica da mesma cidade; no mesmo período, o 9 de novembro de 1908 foi ordenado sacerdote. Posteriormente proseguiu os seus estudos de Filosofía na Universidade Católica de Lovaina até 1914.

O 31 de maio de 1928 foi nomeado exarca apostólico de Harbin polo papa Pío XI, cargo que exerceu até 1939. Arrestado en 1939, foi condenado o 23 de setembro de 1942 a dez anos de traballos forzados. Finou na prisión de Butyrka o 2 de xaneiro de 1946.

Proceso de canonización A Conferencia Episcopal Católica da Federación Rusa aprobou o 30 de xaneiro de 2002 o programa dos "Novos Mártires Católicos de Rusia", co propósito de comezar o proceso de glorificación (canonización) dos mártires católicos rusos do século XX; logo de recompilar información, o proceso comezou oficialmente o 31 de maio de 2003, incluíndo a Fabijan Abrantovič, quen pasou a recibir o título de "Servo de Deus". O 16 de febreiro de 2021 o proceso foi reorganizado, e os marianos da Inmaculada (entre eles Abrantovič) foron separados da causa que levaba a Conferencia Episcopal e transferidos á súa congregación para continuar co proceso de beatificación. Notas

Categoría:Nados en 1884 Categoría:Nados na rexión de Hrodna Categoría:Finados en 1946 Categoría:Sacerdotes católicos de Belarús Categoría:Sacerdotes católicos da China Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica bizantina rusa Categoría:Relixiosos católicos de Belarús Categoría:Marianos da Inmaculada Concepción Categoría:Alumnos da Universidade Católica de Lovaina Categoría:Alumnos da Academia Teolóxica Católica de San Petersburgo Categoría:Finados en campos de traballo do Gulag