Dino Spadetto, nado en Caerano di San Marco, Treviso, o 25 de xaneiro de 1950, é un exfutbolista italiano, que xogaba como dianteiro.

Traxectoria Formouse como futbolista no Montebelluna, fichando en 1966 polo Inter de Milán. Debutou co primeiro equipo aos 18 anos, o 27 de outubro de 1968, nunha goleada por 4-0 ante o Cagliari. Con todo, só disputou cinco partidos co club negro e azul e na tempada 1969/70 foi cedido ao Bari, tamén da Serie A. Na seguinte tempada foi cedido á Sampdoria, nunha operación na que entraron tamén o galego Luis Suárez, traspasado ao club xenovés, e Mario Frustalupi, que pasou a ser xogador do Inter.

A continuación pasou polo Parma na Serie B, polo Venezia na Serie C e polo Terranova na Serie D, onde conseguiu o ascenso á Serie C2 na tempada 1978/79. Pechou a súa carreira despois de dúas tempadas no Acireale.

Disputou un total de 46 partidos na Serie A, na que marcou 9 goles, e 15 na Serie B.

Selección italiana sub-21

Foi internacional coa selección italiana sub-21, coa que disputou tres partidos e marcou un gol.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Datos do xogador en BDFutbol .

Categoría:Nados na provincia de Treviso Categoría:Nados en 1950 Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do SSC Bari Categoría:Xogadores do UC Sampdoria Categoría:Xogadores do Parma FC Categoría:Xogadores do FBC Unione Venezia