Nellie Davis Tayloe Ros, nada en St. Joseph, Missouri, o 29 de novembro de 1876 e finada en Washington o 19 de decembro de 1977, foi unha política e alta funcionaria estadounidense, a 14ª gobernadora do Estado de Wyoming e a 28ª directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos. Foi a primeira gobernadora dun Estado na historia dos Estados Unidos e a única de Wyoming.
Ross viviu en Missouri e en Kansas ata os seus dezaseis anos, cando se trasladou a Omaha, Nebraska, onde estudou nunha escola de formación de profesores. Durante unha visita a uns familiares en Tennessee en 1900, coñeceu o avogado William Bradford Ros, con quen casou en 1902, e ambos pasaron a residir en Cheyenne, onde tiveron catro fillos.
William Ross converteuse en líder do Partido Demócrata do Estado e en 1922 foi elixido gobernador. Logo do falecemento de William en outubro de 1924, Nellie decidiu concorrer para o substituír e acabou sendo elixida tamén como gobernadora, cargo no que continuou as políticas progresistas de seu marido.
No seu intento de reelección de 1926 foi derrotada, mais permaneceu activa no Partido Demócrata. En 1933 foi nomeada polo presidente Franklin D. Roosevelt como directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos, cargo que ocupou durante catro mandatos, entre 1933 e 1953. Durante os anos posteriores, publicou colaboracións en varias revistas femininas, viaxou e mantivo unha vida social activa, ata o seu falecemento aos 101 anos
Vida familiar
Primeiros anos e formación miniatura|300x300px|Nellie cos seus irmáns Albert e George, e co seu pai, James, arredor de 1900.
Nellie Davis Tayloe naceu o 29 de novembro de 1876 en St. Joseph, unha cidade de Missouri fronteiriza con Kansas."Nellie Davis Tayloe Ross". Famous Women in History Projects Page. Era a sexta dos fillos —e a primeira nena— de Elizabeth Blair Green e James Wynn Tayloe.Scheer, T. J. (2005). Páxina 2. A familia materna posuía unha gran plantación ao noroeste de Missouri, próxima ao río Missouri, e era dona dun cento de escravos antes da Guerra de Secesión. Durante este conflito, a mansión familiar resultou queimada e a familia nunca chegou a recuperarse.Rea, T. (2014). "The Ambition of Nellie Tayloe Ross". WyomingHistory.orgVídeo: Nellie Tayloe Ross - A Governor First. Wyoming PBS. Minuto 2:00.
En 1883, Nellie iniciou a súa educación primaria na escola Marxwell, á que acudía con dous dos seus irmáns. A súa familia frecuentaba a igrexa Metodista e a súa nai, devota cristiá, educou os fillos para "obedeceren todas as regras da Igrexa".Scheer, T. J. (2005). Páxina 17. En marzo de 1884 o pai viuse na obriga de vender a casa para pagar unha hipoteca e a familia mudouse a Miltonvale, no norte de Kansas, un Estado que estaba a vivir un rápido crecemento de poboación.Scheer, T. J. (2005). Páxinas 2-20. Alí, o pai abriu unha tenda de comestibles e construíu unha nova casa para a súa familia, que comezou a frecuentar a igrexa Presbiteriana Unida, ao non haber en Miltonvale ningunha igrexa metodista. En febreiro de 1886, Nellie e os seus pais ingresaron conxuntamente na igrexa Presbiteriana.Scheer, T. J. (2005). Páxina 22.
No final da década de 1880, a seca e as pragas de saltóns ocasionaron moitas penurias. Logo da morte da súa nai a fins de 1889, algúns familiares trasladáronse a Omaha; no entanto, malia as dificultades que atravesaban os negocios familiares, os pais de Nellie decidiron ficar en Miltonvale e en 1892 ela graduouse alí en ensino secundario.Scheer, T. J. (2005). Páxina 27. A crise fixo que os pais perdesen as súas propiedades na cidade e a familia regresou a Omaha, onde o seu pai comezou a traballar na banca local. Nellie comezou entón a asistir a clases particulares de piano e, durante dous anos, tamén unha escola para a formación de profesorado de educación infantil. Logo deste período de formación, impartiu docencia durante catro anos en varias escolas de Omaha, inicialmente nun barrio italiano e despois noutro polaco.Scheer, T. J. (2005). Páxina 36.
Casamento e vida en Wyoming miniatura|Nellie e o seu marido, William Ross, cos seus fillos xemelgos. George e Ambrose.
En 1900, durante unha visita a uns familiares en Paris, Tennessee, Nellie coñeceu a William Bradford Ros, un avogado novo, tres anos maior ca ela.Scheer, T. J. (2005). Páxina 40. As familias Tayloe e Ross compartían valores e historias semellantes: ambas tiñan fortes crenzas relixiosas e ambas chegaran a Tennessee desde Carolina do Norte nos inicios do século XIX e resultaran arruinados economicamente pola guerra civil.Scheer, T. J. (2005). Páxinas 41-42. Logo da viaxe, Nellie retornou a Omaha e comezou a manter correspondencia con William, con quen afondou na súa amizade. William Ross tiña plans de vivir no Oeste e, en 1901, trasladouse a Cheyenne, a capital de Wyoming, onde comezou a exercer como avogado.Scheer, T. J. (2005). Páxinas 42-43. Nellie e William casaron nesa cidade o 11 de setembro de 1902 e na primavera seguinte naceron os seus primeiros fillos, os xemelgos George e Ambrose.Scheer, T. J. (2005). Páxinas 4 4,47.Holt, K. (2014). "America's very first woman governor was Nellie Tayloe Ross". En Examiner. 11 de marzo."James Ambrose Ross". Find a Grave. En 1905 naceu Alfred, que morreu aos once meses de idade, e en 1912 o cuarto e derradeiro fillo da parella, William Bradford Ross II."William Bradford Ross II ". MyFamilyNames.com.Scheer, T. J. (2005). Páxina 48.Vídeo: Nellie Tayloe Ross - A Governor First. Wyoming PBS. Minuto 2:18.
Durante os seus primeiros anos en Cheyenne, Nellie desenvolveu unha vida social moi activa e apareceu adoito nas seccións de sociedade dos xornais da cidade.Scheer, T. J. (2005). Páxina 51. Ingresou no Club de Mulleres de Cheyenne, onde se debatía acerca de temas culturais e políticos.Scheer, T. J. (2005). Páxinas 53-54. Ao mesmo tempo, tamén axudaba o seu marido no seu traballo como avogado.Scheer, T. J. (2005). Páxina 50. En 1904, William foi elixido fiscal do Condado de Laramie e durante as décadas de 1910 e de 1920 intentou sen éxito acceder a diversos postos, de índole tanto xudicial como política, mais non o logrou porque a súa tendencia demócrata se opuña á tradición republicana do Estado naquela época.Scheer, T. J. (2005). Páxina 55, 57.Greubel, C. (2015). "The 'Other' Governor Ross: William B. Ross". En Wyoming Postscripts. 4 de decembro. "Nellie Tayloe Ross". Encyclopedia.com
No entanto, en 1922 resultou finalmente elixido gobernador do Estado de Wyoming."WY Governor: 1922 election". OurCampaigns.comVídeo: Nellie Tayloe Ross - A Governor First. Wyoming PBS. Minuto 5:15.Scheer, T. J. (2005). Páxina 58. Nelli comezou, xa que logo, a exercer como primeira dama, o que se reflectiu nunha vida social dedicada a actos sociais e recepcións con representantes sociais e políticos do Estado,Scheer, T. J. (2005). Páxina 59. aínda que tamén apoiou activamente o traballo do seu marido, con quen compartía reflexións de carácter político. O novo salario de William non era, porén, suficiente para pagar as débedas familiares, o que facía que os seus problemas financeiros fosen constantes.Scheer, T. J. (2005). Páxinas 59-60.
En setembro de 1924, William tivo que sufrir unha apendicectomía, cuxas complicacións o conduciron á morte o 2 de outubro daquel ano.Scheer, T. J. (2005). Páxina 61."William Bradford Ross ". MyFamilyNames.comVídeo: Nellie Tayloe Ross - A Governor First. Wyoming PBS. Minuto 6:10.
Actividade política
Eleccións especiais de 1924 miniatura|Nova de outubro de 1924 do Evening Star, acerca da campaña demócrata para elixir a primeira muller gobernadora de Wyoming.
Poucos días despois do falecemento do seu marido, Nellie recibiu a proposta do presidente do comité do Partido Demócrata de Wyoming para ser candidata a gobernadora. Como William falecera antes da metade do seu mandato de catro anos, a Constitución do Estado esixía realizar unhas novas eleccións simultáneas ás xerais de novembro de 1924, de xeito que o gobernador elixido cumpriría os dous anos restantes do mandato.Vídeo: Nellie Tayloe Ross - A Governor First. Wyoming PBS. Minuto 7:10.
O seu irmán George aconselláballe non aceptar a candidatura, por mor da hostilidade que prevía cara a unha candidata feminina nun estado tradicionalmente republicano e conservador; mais Nellie precisaba diñeiro para o sustento dos seus fillos o pagamento das débedas familiares, o que a animou a aceptar o ofrecemento, polo que foi nomeada formalmente como candidata polo Partido Demócrata, fronte o republicano Eugene J. Sullivan. No entanto, Nellie renunciou a facer campaña electoral para defender a súa candidatura, e ao respecto declarou: "Non vou facer unha campaña: a miña candidatura está nas mans dos meus amigos; non vou saír da casa".Vídeo: Nellie Tayloe Ross - A Governor First. Wyoming PBS. Minuto 8:00.
Así as cousas, o senador John B. Kendrick e outros persoeiros do partido demócrata do Estado foron os que fixeron a campaña no seu nome. Kendrick e algúns historiadores percibiron que no Estado había un ánimo proclive á elección da primeira muller como gobernadora na historia dos Estados Unidos. Wyoming era xa pioneiro nos dereitos políticos das mulleres: en 1869, o daquela Territorio de Wyoming fora o primeiro Goberno do mundo en garantir o dereito ao voto feminino —o que a nivel federal non ocorreu ata 1920—, e en 1894 o Estado elixiu a Estelle Reel como primeira muller para un cargo público estatal na historia do país.Alter, C. (2014). "What We Can Learn From Nellie Tayloe Ross, America's First Female Governor ". En Time. 4 de novembro.Scheer, T. J. (2005). Páxina 46. O 4 de novembro, Nellie resultou elixida gobernadora con 43.323 votos (55,12 %), contra os 35.275 votos (44,88 %) de Sullivan."WY Governor - Special Election: 1924". OurCampaigns.comRoberts, P. J. (ed.) (2008). Wyoming Blue Book. Volume V. Wyoming State Archives, Cheyenne. ISBN 978-0-9789829-2-8
Gobernadora de Wyoming miniatura|Nellie Tayloe Ross ao lado de George Dern, gobernador de Utah, en outubro de 1925.
O 5 de xaneiro de 1925 tomou posesión do cargo de 14ª gobernadora de Wyoming."List of Governors of Wyoming, USA". MapsofWorld.com O 20 de xaneiro dese ano Miriam Ferguson, elixida o mesmo día que Nellie, tomaba posesión como gobernadora do Texas; por tal motivo, malia resultaren elixidas ambas de xeito simultáneo pola votación popular, a Nellie Tayloe Ross recoñéceselle ser a primeira gobernadora na historia dos Estados Unidos."Nellie Tayloe Ross: First Female Governor". MissouriLegends.com "Women Governors Through U.S. History". WPRI.com
En 1925, Wyoming estaba a pasar por dificultades, que ían desde a seca ata as crebas bancarias. Nellie decidiuse a manter tres liñas políticas herdadas do seu marido: recurtar gastos, conceder préstamos estatais para os propietarios agrícolas e aplicar con determinación a "lei seca". Tamén exerceu presión no Lexislativo para adoptar outras oito propostas de cuño progresista, que abordaban unha reforma bancaria, leis de protección da infancia, das mulleres traballadoras e dos mineiros, orzamentos locais para cidadess, condados e distritos escolares, e a obtención de máis recursos para a educación.Vídeo: Nellie Tayloe Ross - A Governor First. Wyoming PBS. Minuto 12:00.Harvey, M. (2011). «SheHeroes in History: Nellie Tayloe Ross". SheHeroes.org A prensa recolleu a súa comparecencia ante a Asemblea Lexislativa do 16 de xaneiro de 1925 para presentar as súas propostas, ante a curiosidade de se tratar por primeira vez dunha muller; o The New York Times destacaba que "desafiou os precedentes" ao "levar sombreiro e luvas". Outros xornais relataban que "non perdera a súa feminidade", e o seu obituario en Time en 1977 comentaba que Nellie Tayloe Ross fora "sempre feminina, nunca feminista".Sobre a cuestión do feminismo e a feminidade en Nellie Tayloe Ross, véxase: Scharf, V. (1995).