Hogar Gallego foi unha revista da emigración galega que se editou en Buenos Aires entre 1922 e 1924.
Historia e características Publicación oficial do Hogar Gallego de Buenos Aires, sociedade xurdida dunha escisión da Casa de Galicia. Apareceu o 1 de xuño de 1922. Dirixida por Andrés Rodríguez Barbeito, entre os seus redactores figurou José Fernández Lourido. Tiña correspondentes en Vigo (Amador Montenegro) e A Coruña (Alejandro Barreiro Noya). Contén información sobre actividades da institución editora e da colectividade. Maniféstase crítica coa Casa de Galicia e o Orfeón Gallego. Inclúe artigos de temática galega e fai propaganda dos ideario galeguistas. Inclúe colaboracións literarias e artigos sobre arte e cultura galegas. Entre os seus colaboradores figuraron Xavier Bóveda, Joaquín R. Rodríguez, Jaime Solís, Manuel Castro López, Ramón Villar Ponte, Manuel Salleres, J. Carreis, Luis Fernández Ardavín, Xoán Vidal, Casimiro Reyes, Marqués de Figueroa, Victoriano Taibo, Alfonso R. Castelao e Miguel de Corzames.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires Categoría:Revistas da Arxentina