miniatura|260px|Hemigaleus microstoma

Hemigaleus é un xénero de peixes condrictios da subclase dos elasmobranquios, superorde dos selaquimorfos e orde dos carcarriniformes,Hemigaleus Bleeker, 1852 no WoRMS. Consultado o 5 de abril de 2022.Hemigaleus Bleeker, 1852 na BioLib. Consultada o 5 de abril de 2022. que o tipo da familia dos hemigaleidos.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1852 polo ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.

Etimoloxía O nome científico Hemigaleus está formado pola unión dos elementos hemi- e -galeus. O primeiro é un prefixo do latín científico hemi-, calco do grego antigo ἡμι- hēmi- "semi"-, "medio", e o segundo fai referencia á semellanza e/ou á estreita afinidade co xénero Galeus,Hemigaleus australiensis White, Last & Compagno, 2005 en FishBase. (tiburóns da familia dos esciliorrínidos).

Sinónimo Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo: Negogaleus Whitley, 1931

Especies No xénero recoñécense tan só dúas especies: Hemigaleus australiensis White, Last & Compagno, 2005 Hemigaleus microstoma Bleeker, 1852

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Compagno, Dando, & Fowler (2005): Sharks of the World. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-6911-2072-2.

Outros artigos Carcarriniformes Hemigaleidos

Ligazóns externas Hemigaleus australiensis White, Last & Compagno, 2005 en FishBase. Hemigaleus microstoma Bleeker, 1852 en FishBase.

Categoría:Hemigaleidos