Hermann Edward Hasse, nado o 12 de xaneiro de 1836, e finado o 29 de outubro de 1915, foi un ictiólogo e botánico, especialista en liques, estadounidense."H. E. Hasse, Lichenist", en Kerry Knudsen (2010): Opuscula Philolichenum, 8: 59-66."Hermann Edward Hasse, Lichenist", en Bruce Fink (1916): Mycologia 8 (5): 243-248.
Traxectoria Hasse escribiu dous textos importantes e numerosos artigos no campo da liquenoloxía.Lecidea hassei, Consortium of North American Lichen Herbaria.
Principalmente fixo as súas investigacións, como liquenólogo, no sur de California. Entre os seus correspondentes figuran o botánico especialista en criptógamas William Gilson Farlow e o liquenólogo George Knox Merrill.
Algunhas publicacións En 1913 Hasse publicou The Lichen Flora Of Southern California, unha flora dos liques do sur de California no que describe uns 400 taxons. O liquenólogo Kerry Knudsen describiuno como "histórico" na revista de liquenoloxía Opuscula Philolichenum.
Tamén escribiu un anterior estudo Liquens of Southern California, publicado en 1898, e outros 30 artigos e notas sobre liques, moitos publicados en The Bryologist.
En ictioloxía é coñecido por ser o descritor da familia dos hemigaleidos, tiburóns da orde dos carcarriniformes.Hemigaleidae Hasse, 1878 no WoRMS. Consultado o 5 de abril de 2022.Hemigaleidae Hasse, 1879. Consultada o 5 de abril de 2022.
Honores Epónimos Hassea, un xénero de fungos da clase dos dotideomicetos,Hassea A.Zahlbruckner, 1902} no GBIF. e Lecidea hassei, un lique que crece dentro das rochas (lique endolítico), foron ambos os dous nomeados na súa honra.
Abreviaturas A abreviatura Hasse enmprégase para reoñecer a Hermann Edward Hasse como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.Hasse – Hermann Edward Hasse (1836-1915) no IPNI.
A abreviatura Hasse enmprégase para reoñecer a Hermann Edward Hasse como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Botánicos dos Estados Unidos de América Categoría:Ictiólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1836 Categoría:Finados en 1915