María Elisa Garrido Cantarero, nada en Madrid en 1957Entrevista en La Voz de Galicia, 30-6-1995, p.27., é unha avogada e política galega e madrileña do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Avogada. En 1984 estableceuse coa súa familia en ValdoviñoEntrevista en La Voz de Galicia, 30-6-1995, p.27., onde chegou a ser presidenta da APA. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Valdoviño e foi elixida alcaldesa co apoio de Independentes por Valdoviño e o BNG, gobernando en coalición cos independentes e dende febreiro de 1997 tamén co BNG.La Voz de Galicia, Ferrol, 14-2-1997, p.49. Durante este mandato logrou un notable investimento no municipio duns 2 mil millóns de pesetas,La Voz de Galicia, Ferrol, 16-3-1999, p.48. ademais de promove-lo turismo e a consolidación de eventos como o Pantín Classic. Porén, e pese á insistencia de veciños e do seu propio partido, optou por non presentarse á reelección nas eleccións municipais de 1999 e retirarse da primeira liña política. Dende entón pasou a centrarse na súa profesión de avogada e concorreu en postos honoríficos nas sucesivas candidaturas socialistas no concello.
Vida persoal Casou co pediatra de orixe libanesa Kamel Saadeddine, co cal tivo 3 fillos. En 1984 a familia decidiu trasladar a súa residencia a Valdoviño debido ó seu gusto pola zonaEntrevista en La Voz de Galicia, 30-6-1995, p.27..
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Valdoviño
Categoría:Alcaldes de Valdoviño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes