Mary Ellen Weber, nada en Cleveland, Ohio, o 24 de agosto de 1962, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte das misións STS-70 e STS-101.
Traxectoria Weber graduouse en enxeñaría química pola Universidade Purdue en 1984 e ten un doutoramente en química física pola Universidade de California en Berkeley en 1988. Ten un máster en administración de empresas pola Universidade Metodista do Sur en 2002. Foi seleccionada como astronauta pola NASA en 1992, participando nas misións STS-70 e STS-101, pasando 18,77 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-70 STS-101
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Ohio