O corégono de ArtediLahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, páx. 59. (Coregonus artedi) é unha especie de peixe osteíctio da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, subfamilia dos coregoninos e xénero Coregonus.Coregonus artedi Lesueur, 1818 no WoRMS. Consultado o 1 de abril de 2022.Coregonus artedi Lesueur, 1818 no GBIF. Consultado o 1 de abril de 2022.Coregonus artedi Lesueur, 1818 na BioLib. Consultada o 1 de abril de 2022. propio de Norteamérica.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1818 polo naturalista francés Charles Alexandre Lesueur.

Etimoloxías Para a do xénero, ver Coregonus.

O epíteto específico, artedi, foi unha homenaxe que Lesueur lle fixo a Peter Artedi (1705-1735), ictiólogo sueco, coñecido como o "pai da ictioloxía".

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

Argyrosomus artedi (Lesueur, 1818) Argyrosomus eriensis Jordan & Evermann, 1909 Argyrosomus huronius Jordan & Evermann, 1909 Argyrosomus tullibee (Richardson, 1836) Coregonus actedii Lesueur, 1818 (erro gramatical) Coregonus artedii Lesueur, 1818 (erro gramatical) Leucichthys artedi (Lesueur, 1818) Leucichthys churchillensis Fowler, 1948 Leucichthys eriensis (Jordan & Evermann, 1909) Leucichthys harengus (Richardson, 1836) Leucichthys macropterus Bean, 1916 Leucichthys manitoulinus Jordan & Evermann, 1911 Leucichthys nueltinensis Fowler, 1948 Leucichthys ontariensis Jordan & Evermann, 1911 Leucichthys supernas Jordan & Evermann, 1911 Leucichthys tullibee (Richardson, 1836) Salmo artedi (Lesueur, 1818) Salmo harengus Richardson, 1836 Salmo tullibee Richardson, 1836

Hábitat e distribución Hábitat Coregonus artedi é un peixe que habita en augas mariñas, doces e salobres.

É unha especia peláxica-nerítica, anádroma,Morin, B. C. Hudon & F. Whoriskey (1991): "Seasonal distribution, abundance, and life-history traits of Greenland cod, Gadus ogac, at Wemindji, eastern James Bay". Can. J. Zool. 69: 3061-3070. que vive nun rango de profundidade entre os 0 e os 64 m,Scott, W. B. & E. J. Crossman (1973): Freshwater fishes of Canada. Ottawa: Bull. Fish. Res. Board Can. 184, en augas cunha temperatura comprendida entre os 0 °C e os 26 °C.Beitinger, T. L. & W. A. Bennett (2000): "Quantification of the role of acclimation temperature in temperature tolerance of fishes". Environ. Biol. Fishes 58 (3): 277-288.

Distribución A súa área de distribución esténdese desde os 71° N e os 38° N, e desde os 136° O e os 69° O,Page, L. M. & B. M. Burr (2011): A field guide to freshwater fishes of North America north of Mexico. Boston: Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 978-0-3959-1091-7. encontrándose en América do Norte, nas concas atlánticas e árticas desde o Quebec até os Territorios do Noroeste, no Canadá e polo sur até o río San Lourenzo, os Grandes Lagos e a conca superior do río Mississippi no norte de Ohio, Illinois e Minnesota, nos Estados Unidos. Foi introducido noutros lugares.

Características Pode alcanzar unha lonxitude máxima de 57,0 cm, pero a lonxitude media dos espécimes é de 29,3 cm.Hugg, D. O. (1996): MAPFISH georeferenced mapping database. Freshwater and estuarine fishes of North America. Life Science Software. Dennis O. & Steven Hugg. Edgewater, Maryland, USA. O máximo peso rexitrado foi de 3,4 kg.International Game Fish Association (1991): World record game fishes. International Game Fish Association, Florida, USA.

Bioloxía Habita en augas abertas de lagos e grandes ríos, e tamén nas augas costeiras da baía de Hudson,Frimodt, C. (1995): Multilingual illustrated guide to the world's commercial coldwater fish. Osney Mead, Oxford, Inglaterra: England Fishing News Books. ISBN 978-0-8523-8213-4.

É unha especie nerito-peláxica que se alimenta de plancto e de grandes crustáceos.Coad, B. W. & J.D. Reist (2004): "Annotated list of the arctic marine fishes of Canada". Can. MS Rep. Fish Aquat. Sci.: 2674.

Lonxevidade A máxima idade rexistrada foi de 11 anos.

Relacións cos humanos Consómese fresco, afumado e conxelado. Pódese cocer ao vapor, fritir e asar.

Pesca Pesca comercial A pesca comercial desta especie no lago Superior e na Canle Norte do lago Huron é unha fonte económica moi importante para as comunidades da rexión dos Grandes Lagos."Lake herring". www.fws.gov. A súa pesca comercial comezou no ano 1800. Inicialmente, no lago Ontario, foron elimibaos porque se consideraban unha molestia. Porén, hai evidencias dun cambio na súa percepción en 1833, cando foi un obxectivo e se consideraba bo para comer.Kerr, S. J. (2010): "Fish and Fisheries Management in Ontario: A Chronology of Events". Biodiversity Branch. Ontario Ministry of Natural Resources. Peterborough, Ontario. En Ontario, o rendemento da súa pesca foi de 328 toneladas en 2018. Este número é substancialmente inferior ao de anos anteriores que se remontan a 2012, todos os cales superaron as 350 toneladas. Este descenso debeuse a unha redución das cotas para a pesca comercial coa esperanza de combater un posíbel descenso da poboación."Fisheries Statistics - Ontario Commercial Fisheries". www.ocfa.ca.

Aínda que aínda xoga un papel importante na dieta de moitas persoas, a súa utilidade principal son as súas ovas. O seu caviar fíxose popular na cultura escandinava, e é a principal causa de demanda desta especie nas últimas décadas."Europe's Taste For Caviar Is Putting Pressure On A Great Lakes Fish". NPR.org. Os espécimes máis pequenos tamén se poden enmallar e vender como cebo para usar na pesca recreativa."Lake Herring, Coregonus artedi". www.arctic.uoguelph.ca.

Pesca recreativa A especie é obxecto da pesca deportiva en moitas partes dos Estados Unidos e do Canadá. É popular para capturalo, especialmente mentres se pesca no xeo cando é máis probábel que se atopen nas partes máis baixas dos Grandes Lagos. A pesca recreativa non está restrinxida aos Grandes Lagos. Hai unha popularidade única para a súa pesca no xeo no lago Simcoe, onde a pesqueira reabriuse en 2015 tras unha rehabilitación exitosa da súa poboación."Lake Simcoe Fishing - Lake Herring (Cisco)". sites.google.com.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2022): Coregonus artedi Lesueur, 1818 en FishBase. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Hoboken, Nova Jersey, USA: John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7. Page, L. M. & B. M. Burr (2011): A field guide to freshwater fishes of North America north of Mexico. Boston: Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 978-0-3959-1091-7. Svetovidov, A. N. (1984): "Salmonidae". páxs. 373-385 en Whitehead, P. J. P., Bauchot, M. L., Hureau, J. C., Nielsen, J. & Tortonese, E., eds. Fishes of the North-eastern Atlantic and the Mediterranean. Volume 1. París: UNESCO. ISBN 9-2300-2215-2.

Outros artigos Salmoniformes Salmónidos Coregoninos Coregonus

Categoría:Coregonus