Han Wudi nado o 156 a. C. e finado o 29 de marzo de 87 a. C., foi o sexto emperador da dinastía Han de China.Paludan, 36

Nomes Han Wudi literalmente significa "emperador Wu -guerreiro- dos Han", en chinés tradicional 漢武帝, chinés simplificado 汉武帝, pinyin Hànwǔdì, Wade-Giles Wu Ti); tamén era chamado Wu de Han, nado como Liu Che (劉徹).

O uso de "Han" (漢) como parte do nome é unha referencia á dinastía Han da que foi parte.

Poesía yuefu Han Wudi foi un mecenas da literatura e hai varios poemas atribuídos a el. Facilitou un renacemento do Chu ci, a poesía no estilo do antigo reino de Chu na primeira metade do seu reinado, en parte debido ao seu parente Liu An. Empregou poetas e músicos para escribir letras e compoñer melodías e patrocinou coreógrafos e xamáns para organizar movementos de danza e coordinar o espiritual e o mundano. As actuacións resultantes eran rituais de luxo, algúns nocturnos onde cantantes, músicos e bailaríns actuaban coa iluminación proporcionada por miles de fachos.

Unha das principais contribucións do emperador foi a través da Oficina de Música Imperial (yuefu), creada ou ampliada por el. As súas tarefas eran recoller cancións populares, adaptalas e orquestrarlas, así como elaborar material novo. A institución non só recolleu cancións e baladas chinesas, senón tamén cancións baseadas en melodías de Asia Central, con letras novas. Desenvolveuse a transmisión dun estilo particular de poesía, que pasou a ser coñecido como yuefu.

Goberno Gobernou entre o 141 e o 87 a. C. É lembrado principalmente pola grande expansión territorial que tivo lugar baixo o seu reinado, así como polo potente e centralizado Estado confuciano que organizou. É citado na historia chinesa como un dos máis grandes emperadores xunto co emperador Taizong da Dinastía Tang e o emperador Kangxi da Dinastía Qing.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Dinastía Han Pobo han Escrita chinesa Historia da China Poesía chinesa Formas da poesía clásica chinesa Yue fu

Bibliografía

Paludan, Ann (1998). Chronicle of the Chinese Emperors: The Reign-by-Reign Record of the Rulers of Imperial China. New York, New York: Thames and Hudson. ISBN 0-500-05090-2 Ligazóns externas

Categoría:Emperadores da China Categoría:Historia da China