Sound of Metal é un filme estadounidense de 2019 dirixido e co-escrito por Darius Marder. Está protagonizado por Riz Ahmed no papel dun batería de que perde o sentido do oído, e tamén conta coas actuacións de Olivia Cooke, Paul Raci, Lauren Ridloff e Mathieu Amalric.
Sound of Metal estreouse internacionalmente no programa Platform Prize do Festival de Toronto o 6 de setembro de 2019. Amazon Studios estreou o filme en cinemas o 20 de novembro de 2020, e en Amazon Prime Video o 4 de decembro. O filme foi aclamado pola crítica, en especial as actuacións de Ahmed e Raci, o deseño de son, a edición, a dirección de Marder e o guión. Na 93ª edición dos Óscar, foi nomeado ó mellor filme, mellor guión orixinal, mellor actor (Ahmed) e mellor actor secundario (Raci), gañando finalmente nas categorías de mellor son e mellor montaxe.
Personaxes miniatura|dereita|Riz Ahmed interpreta a Ruben Stone Riz Ahmed como Ruben Stone, un batería que perde o sentido o oído. Olivia Cooke como Louise "Lou" Berger, a moza de Ruben. Paul Raci como Joe, un exalcohólico que rexenta un centro de acollida para xordos adictos en recuperación. Lauren Ridloff como Diane, a profesora que ensina a Ruben a lingua de sinais americana. Mathieu Amalric como Richard Berger, o pai de Lou. Michael Tow como o farmacéutico.
Notas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua de sinais americana Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Antuerpen Categoría:Filmes rodados en Massachusetts Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19 Categoría:Filmes sobre xordos