O Campionato Nacional de Liga de Fútbol Indoor foi unha competición de fútbol indoor disputada en España entre 2008 e 2011. Participaban nela os catro mellores equipos da Liga española de fútbol indoor.

Historia A primeira edición celebrouse en 2008 no Pazo dos Deportes de Riazor, coa participación dos catro primeiros clasificados na primeira edición da Liga española de fútbol indoor: Deportivo da Coruña, Real Madrid, FC Barcelona e Valencia. O primeiro campión foi o Deportivo da Coruña, adestrado por Arsenio Iglesias, que derrotou por 12-9 ao Real Madrid na final. O equipo madrileño gañou a seguinte edición, mentres que o Deportivo volveu vencer en 2010. En 2011 disputouse a última edición do torneo, que foi gañada polo Real Madrid.

Historial +AnoCampiónSubcampiónResultado2008 Deportivo da Coruña Real Madrid12-92009 Real Madrid Barcelona10-92010 Deportivo da Coruña Betis10-42011 Real Madrid Sporting de Gijón8-7

Palmarés +EquipoTítulosEdicións Deportivo da Coruña22008, 2010 Real Madrid22009, 2011

Notas

Véxase tamén Outros artigos Liga española de fútbol indoor

Categoría:Competicións de fútbol desaparecidas en España