Three Songs for Benazir (دری سندری د بینظیر لپاره) é unha curtametraxe documental afgá de 2021. Na 94ª edición dos Óscar foi nomeada na categoría de mellor curtametraxe documental para Elizabeth Mirzaei e Gulistan Mirzaei.

Sinopse Conta a historia de Shaista, un mozo casado con Benazir e que vive nun campamento de desprazados en Cabul. Shaista loita por equilibrar os seus soños de ser o primeiro da súa tribo en unirse ao Exército Nacional Afgán coas responsabilidades de formar unha familia. Aínda que o amor de Shaista por Benazir é claro, as eleccións que debe tomar para construír unha vida con ela teñen consecuencias devastadoras.

Estrea O filme tivo a súa estrea mundial no Full Frame Documentary Film Festival en xuño de 2021, onde gañou o Premio do Xurado á mellor curtametraxe e clasificouse para os Óscars. En agosto de 2021, o filme tivo a súa estrea europea no Festival Internacional de Cine de Odense, onde gañou o Premio Soapbox. En febreiro de 2022, Three Songs for Benazir gañou o premio á mellor curta de non ficción no Cinema Eye Honors.

En decembro de 2021, anunciouse que Netflix adquiriu os dereitos de distribución do filme, estreándose na plataforma o 24 de xaneiro de 2022.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua dari Categoría:Filmes en lingua paxta Categoría:Filmes de Afganistán