Benigno Galego Castro, nado en Cerdido en 1977, é un político e funcionario galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Funcionario do Ministerio de Defensa. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Cerdido nas eleccións municipais de 2003 e foi elixido concelleiro da oposición. Nas municipais de 2007 repetiu candidatura e conseguiu pasar de 1 a 2 concelleiros. En 2011 mellorou os seus resultados con 3 concelleiros e un 35% dos votos, poñendo a maioría absoluta do PPdeG contra as cordas, de feito socialistas e nacionalistas lograron máis votos xuntos que os conservadores pese a que estes conservaron a maioría de concelleiros. Nas municipais de 2015 foi elixido alcalde con maioría absoluta, sendo o primeiro rexedor socialista de Cerdido en toda a democracia. Foi reelixido nas municipais de 2019 cunha maioría absoluta aínda máis ampla, con 7 concelleiros de 9. Non se presentou á reelección nas municipais de 2023, ocupando Brais Prieto Verdial o primeiro posto na candidatura socialista, polo que abandonou a alcaldía ao rematar o mandato.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cerdido
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Cerdido Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cerdido Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes