Brachymystax tumensis é unha especie de peixe da orde dos perciformes, familia dos salmónidos e subfamilia dos salmoninos,Brachymystax tumensis Mori, 1930 no WoRMS. Consultado o 24 de marzo de 2022.Brachymystax tumensis Mori, 1930 no GBIF. Consultado o 24 de marzo de 2022.Brachymystax tumensis Mori, 1930 na BioLib. Consultada o 23 de marzo de 2022. unha das tres icluídas no xénero Brachymystax.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1930 polo naturalista xaponés, nado en Corea, Tamezo Mori, na súa obra:

Mori, Tamezô (1930): "On the fresh water fishes from the Tumen River, Korea, with description of new species". Journal of Chosen Natural History Society (11): 39-49.

Etimoloxías Para a do xénero, ver Brachymystax.

O epíteto específico, tumensis, alude á súa presenza no río Tumen (Corea).

Sinónimos Ademais de polo nome actualmengte válido, a especike coñeceuse tamén polos sinónimos: Brachymystax lenok czerskii Kirillov in Kirillov et al., 1979 Brachymystax lenok tsinlingensis Li, 1966

Notas taxonómicas Anteriormente Brachymystax tumensis incluíuse na especie máis estendida Brachymystax lenok, pero investigacións recentes baseadas en diferenzas de morfolóxícas e xenéticas xustificaron a súa consideración como especies diferentes.Kartavtseva, I. V., Ginatulina, L. K., Nemkova, G. A. & Shedko, S. V. (2013): "Chromosomal study of the lenoks, Brachymystax (Salmoniformes, Salmonidae) from the South of the Russian Far East". Journal of Species Research 2 (1): 91-98.Bo, M. A. & Jiang, Zuo-fa (2007): "Genetic diversity and relationship between two species of Brachymystax in Wusuli River revealed by microsatellites". Journal of Fishery Sciences of China 14: 39-45.Balakirev, E. S., Romanov, N. S. & Ayala, F. J. (2014): "Complete mitochondrial genome of blunt-snouted lenok Brachymystax tumensis (Salmoniformes, Salmonidae)". Mitochondrial DNA '27: 1-2.Froufe, E., Alekseyev, S., Alexandrino, P. & Weiss, S. (2008): "The evolutionary history of sharp- and blunt-snouted lenok (Brachymystax lenok (Pallas, 1773)) and its implications for the paleo-hydrological history of Siberia". BMC Evolutionary Biology 8: 40.

Algúns autores incluíron antigamente á poboación surcoreana en Brachymystax tsinlingensis en lugar de en B. tumensis, e isto parece estar apoiado polo ADNmt (aínda que a súa posición taxonómica exacta aínda está por determinar).

Hábiat Brachymystax tumensis é un peixe bentopeláxico que vive en augas doces temperadas.

Distribución Habita en ríos e lagos do leste asiático. Distribúese amplamente polo sueste de Rusia e, máis localmente, polo nordeste e o centro deste país (incluíndo a illa Sakhalin), así como polo nordeste de Mongolia (conca do río Amur), o norte da China e Corea (por exemplo, no río Tumen).Brachymystax lenok en FishBase. Cosultado o 24 de marzo de 2022.

Nalgunhas rexións, como a conca do Amur, a súa área de distribución pode solaparse coa de B. lenok.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4ª edición. Upper Saddle River, Nova Jersey: Prentice-Hall. Nelson, J. (2006): Fishes of the World, 4ª edición. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons Inc. ISBN 978-0-4712-5031-9. Wheeler, A. (1985): The World Encyclopedia of Fishes, 2ª edición. Londres: Macdonald. ISBN 978-0-3561-0715-8.

Outros artigos Salmónidos Salmoninos Brachymystax

Ligazóns externas Brachymystax tumensis Mori 1930 na EOL.

Categoría:Brachymystax Categoría:Peixes de Asia Categoría:Animais descritos en 1930