O Círculo Popular de La Felguera foi un club de fútbol español con sede en La Felguera, Asturias. Fundado en 1918, xogaba os seus partidos como local no Estadio La Barraca, e existiu ata 1961, cando se fusionou co Racing de Sama para dar lugar á Unión Popular de Langreo. Chegou a militar cinco tempadas na Segunda División, entre 1953 e 1958.

Historia Foi fundado en 1918 en La Felguera, Asturias, como unha asociación de carácter cultural e deportivo co nome de Círculo Popular de La Felguera. Anteriormente existía xa na vila outro equipo de fútbol, o Atlético Felguerino, e varios dos xogadores deste pasaron a formar parte do Círculo Popular. O equipo militou nas categorías rexionais ata 1943, cando logrou o ascenso á Terceira División. Tres anos despois proclamouse campión do seu grupo, accedendo así á segunda fase da competición, onde foi segundo por detrás do Barakaldo, perdendo as opcións de ascenso. Continuou na categoría de bronce ata a tempada 1952/53, cando se proclamou campión do Grupo I por diante da Cultural Leonesa e a Ponferradina, conseguindo o ascenso directo á Segunda División. Nese momento o club cambiou de nome, pasando a chamarse La Felguera Siderúrgica Círculo Popular.

Na súa estrea na categoría de prata o equipo acabou 13º, tendo que xogar a continuación unha promoción de permanencia, encadrado nun grupo coa Ponferradina, o Caudal, o Huesca e o Girona. Conseguiu catro vitorias e un empate en oito partidos, logrando así manter a categoría xunto co Caudal. Na seguinte campaña, con Jesús Barrio como adestrador, o CP La Felguera obtivo o mellor resultado da súa historia, acadando a sétima posición da Segunda División. Militou durante tres tempadas máis na categoría, ata que finalmente acabou descendendo na 1957/58, tras quedar último. Durante eses anos pasaron polo club xogadores como Francisco Irureta, Perfecto Gastón, Lucio, Herrero ou os galegos Martín Esperanza, Basteiro, Juananco e Chas.

Xogou tres tempadas máis na Terceira División, proclamándose dúas veces campión e outra subcampión, pero sen conseguir ascender de novo a Segundo, ao quedar eliminado nas promocións de ascenso sucesivamente contra Getxo, Salamanca e Albacete. Finalmente, en 1961 fusionouse co Racing de Sama, dando lugar á Unión Popular de Langreo.

Estadio O equipo xogaba os seus partidos como local no estadio La Barraca, situado en La Felguera.

Traxectoria

Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 5 Tempadas en 3ª: 13 Participacións na Copa do Rei: 3 (1943/44, 1947/48, 1948/49) Mellor posto na liga: 7º na Segunda División (1954/55) Peor posto na liga: 6º na Primeira Rexional (1939/40)

Historial Tempada Nivel Categoría Posto Copa do Rei—Rexional—1939/4046º1940/4144º1941/4233º1942/4331º1943/4433ª9º1ª rolda1944/4533ª6º1945/4633ª1º1946/4733ª7º1947/4833ª6º4ª rolda1948/4933ª4º2ª rolda1949/5033ª8º Tempada Nivel Categoría Posto Copa do Rei1950/5133ª6º1951/5233ª2º1952/5333ª1º1953/5422ª13º1954/5522ª7º1955/5622ª13º1956/5722ª15º1957/5822ª18º1958/5933ª1º1959/6033ª2º1960/6133ª1º

Palmarés

Terceira División (4): 1945/46, 1952/53, 1958/59, 1960/61.

Notas

Categoría:UP Langreo Categoría:Equipos de fútbol desaparecidos de Asturias