Gichin Funakoshi (船越 義珍 Funakoshi Gichin?, 10 de novembro de 1868 – 26 de abril de 1957) foi un mestre xaponés de karate, coñecido como «pai do karate moderno». Alumno de Anko Itosu e Anko Asato, foi un dos responsables da introdución do karate nas illas principais do Xapón en 1922, continuando a labor que xa levara a cabo o seu mestre Itosu. Ensinou karate en varias universidades xaponesas e converteuse en director honorario da Asociación de Karate do Xapón dende a súa creación en 1949.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Karate