miniatura|Lámina dunha ilustración científica dun durián (Durio Zibethinus) por Hoola Van Nooten (fl 1863-1885), ca. 1863 O durio é o froito tropical de varias especies de árbores pertencentes ao xénero Durio dentro da familia Malvaceae (aínda que algúns taxonomistas sitúan o xénero Durio nunha familia diferente, as Durionaceae). Para moitos asiáticos, este é o rei das froitas. Diferénciase por ter un froito grande (de até 30 cm de longo e 3 kg de peso) cun cheiro único, que se converte nun fedor tenaz ao cabo dun tempo, e unhas espiñas que o cobren. A polpa é de amarelo pálido a vermello, dependendo da especie.

Os durios son orixinarios de Brunei, Indonesia e Malaisia, e son coñecidos en Occidente desde hai uns seiscentos anos.

Etimoloxía Empregado por primeira vez ao redor de 1580, o nome "durian" deriva da palabra lingua malaia dûrî (que significa 'espiña'), unha referencia aos numerosos espiños da casca, xunto co sufixo de construción do substantivo -an. O nome da especie 'zibethinus' deriva do nome civet (Viverra zibetha), coñecida polo seu cheiro. As probas máis antigas pódense rastrexar nas transcricións xavanesas antigas ao redor do século XII. A palabra "duryyan" foi escrita na placa de cobre de Mar'smu: "i Mar'smu hulu wras Sang Duryyan".

Algunhas especies

D. zibethinus (durián) D. dulce D. grandiflorus D. graveolens D. kutejensis D. lowianus D. macrantha D. oxleyanus D. testudinarum

Usos Utilízase para aromatizar moitos doces tradicionais malaios, xeados kacang, dodol, arroz glutinoso, etc.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

A froita fedorenta do durian obriga a evacuar a oficina de correos bávara Rede de información de recursos de xermoplasma: Durio Arquivado Durio zibethinus (Bombacaceae) Arquivado o 23-07-2012 O polémico durian Arquivado

Categoría:Froitas exóticas