Manuel Fariña Suárez, nado en Cabana de Bergantiños en 1943 e finado na Coruña o 7 de xuño de 2000, foi un político e mestre galego.
Traxectoria Diplomado en Maxisterio e Filoloxía Hispánica con especialidade en francésEntrevista en La Voz de Galicia Carballo, 1-6-1999 p. 53., exerceu como mestre de EXB no CPI As Revoltas, en Cabana de Bergantiños. Foi elixido concelleiro neste municipio en 1973 polo terzo de entidades culturaisEntrevista en La Voz de Galicia, 13-7-1999 p. 41., e trala dimisión de Julián Tedín en 1977 para presentarse ás eleccións xerais por AP, foi elixido novo alcalde de Cabana. Nas eleccións municipais de 1979 encabezou a candidatura Agrupación Independente de Cabana e foi elixido alcalde cunha ampla maioría absoluta, con 9 concelleiros de 13. En 1983 encabezou a candidatura da coalición de AP co PDP e Unión Liberal e foi reelixido alcalde coa mesma maioría. En 1987 encabezou a candidatura da CPG e foi reelixido con 10 concelleiros. Foi un dos alcaldes desta coalición que respaldou o apoio de 3 dos seus deputados á moción de censura do socialista Salvador Fernández Moreda contra o popular José Manuel Romay Beccaría na Deputación da Coruña en xuño de 1989.
Nas municipais de 1991 encabezou o PSdeG-PSOE e foi reelixido cunha maioría absoluta de 9 concelleiros. En 1995 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que logrou maioría absoluta. Nas municipais de 1999 conseguiu recupera-la alcaldía ó perde-la maioría absoluta os populares e alcanzar un pacto de goberno co BNG. Faleceu o 7 de xuño de 2000 na súa casa da Coruña, sendo sucedido na alcaldía polo tamén socialista Enrique Díaz Varela.
Vida persoal Casou con María del Carmen Garrido Riveiro e tiveron 4 fillosNecrolóxica en La Voz de Galicia, 9-6-2000 p. 83..
Notas
Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Cabana de Bergantiños
Categoría:Alcaldes de Cabana de Bergantiños Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia por AP Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Cabana de Bergantiños Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes