Diana López Varela, nada en Pontevedra en 1986, é unha xornalista, guionista e escritora galega.
Traxectoria Licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago en 2008 e fixo mestrados na Universidade San Pablo CEU (2010), na Universidade de Vigo (2012) e na UNED (2019).
Ten traballado como xornalista no Diario de Pontevedra, Diario de Arousa, Radio Galega (Galicia por diante), VEO 7, Telecinco e Telelugo (presentou e dirixiu De tarde en tarde). Tamén colaborou en Jot Down, Elnacional.cat, Luzes de Galicia, Yes (La Voz de Galicia), Público, Onda Cero (Un alto en el camino, desde 2017).
En 2012 abriu o blog Suspenso en Religión no que publicou o artigo "Mi coño", sobre o aborto, que tivo moita repercusión nos medios.
Desde 2018 organiza con Susana Pedreira o congreso As Mulleres que Opinan son Perigosas, encontro de mulleres columnistas que se celebra en Pontevedra arredor do 8 de marzo.
Ten participado en múltiples palestras, encontros etc sobre xénero e feminismo.
Obra
No es país para coños (2016). Península. 296 páxs. ISBN 978-84-9942-545-0. (en castelán) No es país para coños, obra de teatro escrita e dirixida por Diana López Varela. Maternofobia (2019). Península. 232 páxs. ISBN 978-84-9942-814-7. (en castelán)
Obra colectiva
Todas Contamos. Antología benéfica (2019). Amazon. (en castelán) As mulleres que opinan son perigosas (2022). Con Susana Pedreira. Deputación de Pontevedra.
Guionista
O gato con botas, 4 tempadas na TVG. Land Rober Tunai Show, 4ª tempada, TVG. Vou que teño que ir, TVG Clases de lo Social, webserie, 2ª tempada Superpunky, curta musical Feminazi, curta 25 anos de Cinema Galego, documental, en colaboración. Memorias de un Hombre en Pijama, película de animación. Mañana no te Olvides, película. O home e o can, película
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Web de Diana López Varela
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1986 Categoría:Xornalismo en Galicia Categoría:Guionistas de Galicia