O Supermarine Seafire é unha versión naval do Supermarine Spitfire adaptada para operar dende portaavións. Era análogo en concepto ao Hawker Sea Hurricane, unha versión navalizada do compañeiro do Spitfire, o Hawker Hurricane. O nome Seafire é a abreviación do máis longo Sea Spitfire.Andrews e Morgan 1987, p. 247
A idea de adoptar unha versión embarcada do Supermarine Spitfire xa fora discutida polo Almirantado en maio de 1938. A pesar da necesidade urxente de substituír varios tipos de avións obsoletos que aínda operaban coa Fleet Air Arm (FAA), algúns opuxéronse á idea, como Winston Churchill, aínda que esas disputas foron a miúdo un resultado de dar prioridade a produción de Spitfire baseados en terra. Durante 1941 e principios de 1942 o concepto foi impulsado novamente polo Almirantado, culminando nun lote inicial de cazas Seafire Mk Ib que foron entregados a finais de 1941, que foron usados principalmente para que os pilotos gañasen experiencia operando o tipo no mar. Aínda que había preocupación sobre a pouca resistencia do seu tren de aterraxe, que non fora reforzada como se fai con moitos avións embarcados, o seu rendemento considerouse aceptable.
A partir de 1942 pedíronse rapidamente máis modelos de Seafire, incluído a primeira variante operacionalmente viable, o Seafire F Mk III. Isto fixo que o tipo se estendese rapidamente na FAA. En novembro de 1942 o Seafire entrou en combate por vez primeira durante a Operación Torch, os desembarcos aliados no Norte de África. En xullo de 1943 o Seafire usouse para proporcionar cobertura aérea á invasión aliada de Sicilia, e repetiu ese rol no mes de setembro na posterior invasión de Italia. Durante 1944 o Seafire usouse en boas cantidades para proporcionar apoio aéreo á forzas de terra aliadas durante o desembarco de Normandía e a Operación Dragón no sur de Francia. Durante a segunda metade de 1944 o Seafire formou parte da compoñente aérea da Frota Británica do Pacífico, onde rapidamente demostrou ser un interceptor capaz contra os temidos ataques kamikaze dos pilotos xaponeses que se volveran cada vez máis comúns nos últimos anos da guerra no Pacífico.
O Seafire continuou sendo utilizado durante algún tempo tras rematar a guerra. A FAA optou por retirar rapidamente todos os seus Seafire con motores Merlin e substituílos por avións con motores Griffon. O tipo combateu durante a guerra de Corea, durante a cal os Seafire da FAA realizaron centos de misións de ataque ao chan e de patrulla aérea contra as forzas de Corea do Norte durante 1950. O Seafire foi retirado do servizo durante os anos 50. No servizo coa FAA o tipo foi substituído polo máis novo Hawker Sea Fury, o derradeiro caza con motores de pistóns usado por ese corpo, e pola primeira xeración de cazas a reacción embarcados, como o de Havilland Vampire, o Supermarine Attacker, e o Hawker Sea Hawk.
Desenvolvemento
Orixe O Almirantado amosou primeiro interese na idea dun Spitfire embarcado en maio de 1938 cando, durante unha reunión con Richard Fairey (de Fairey Aviation), este propuxo que a súa compañía podería deseñar e construír un avión dese tipo. A idea tivo unha resposta negativa e o asunto abandonouse. Como resultado, a Fleet Air Arm (FAA), nese momento aínda parte da Royal Air Force, viuse obrigada a pedir Blackburn Rocs e Gloster Sea Gladiators, que demostraron ser moi pouco axeitados nos roles nos que posteriormente foron usados.Morgan e Shacklady 2000, pp. 505-6 Ao comezar a segunda guerra mundial, moitos dos avións operados pola FAA foran deseñados asumindo que, ao non posuír Alemaña portaavións, o desempeño xeral era de natureza secundaria dando prioridade ás outras tarefas requiridas, pero en 1941 eses avións volvéranse obsoletos en comparación cos cazas baseados en terra alemáns e italianos cos que terían que enfrontarse; así que a necesidade de avións máis capaces era evidente. Como o Hawker Hurricane demostrou rapidamente adaptarse ben ás operacións embarcadas, houbo un considerable interese en navalizar tamén o Spitfire.Bachelor 1971, p. 229 miniatura|250x250px|Seafire durante as probas da Fleet Air Arma bordo do HMS Victorious, A cuestión dun Spitfire embarcado xurdiu novamente en novembro de 1939 cando o Ministerio do Aire permitiu que o comandante Ermen voase un Spitfire I. Tras o seu primeiro voo no R6718, Ermen soubo que Joseph Smith, deseñador xefe de Supermarine, fora instruído para instalar un gancho de detención tipo "A-frame" nun Spitfire e que este voara o 16 de outubro; o 27 de outubro mostrouse un debuxo deste avión á FAA.Morgan e Shacklady 2000, p. 506 Despois de máis discusións, Supermarine enviou os planos dun Spitfire con ás pregables e un gancho de detención. Neste caso as ás deseñáranse para ser pregadas xusto por fóra da baía do tren de aterraxe. O 29 de febreiro de 1940 o Almirantado solicitou que o Ministerio do Aire aprobase formalmente a fabricación de 50 Spitfire con ás pregables, tendo que entregarse o primeiro deles en xullo dese ano. Por varios motivos, Winston Churchill, que era Primeiro Lord do Almirantado, cancelou o pedido, escribindo a Lord Beaverbrook:Morgan and Shacklady 2000, pp. 506-7 "Considero de grande importancia que a produción de Fulmars debe continuar".Morgan e Shacklady 2000, p. 507
Nun momento de considerable demanda de Spitfires baseados en terra, debido á caída de Francia e á posterior batalla de Inglaterra, o desvío de recursos para facilitar o desenvolvemento e a fabricación dunha versión naval reduciría a produción do Spitfire. Para cubrir parcialmente a brecha ata que o substituto do Fulmar (a especificación N.5/40, que acabaría sendo o Fairey Firefly) estivese dispoñible para entrar en servizo, decidiuse no seu lugar pedir varios Grumman Wildcat aos Estados Unidos para equipar a FAA. Eses avións entraron en servizo a finais de 1940 como o Martlet.Buttler 2004, p. 175
A finais de 1941 e principios de 1942 o Almirantado avaliou novamente ao Spitfire para unha posible conversión. A finais de 1941 un total de 48 Spitfire Mk Vb foran convertidos por Air Training Service Ltd. en Hamble para converterse en "Spitfires con gancho". Este foi o Seafire Mk Ib e sería a primeira de varias variantes do Seafire en operar coa Fleet Air Arm. Esta variante do Seafire usouse principalmente para permitir que a Royal Navy gañase experiencia operando o Spitfire en portaavións. O principal cambio estrutural realizouse na parte baixa da fuselaxe que incorporou un gancho de detención de tipo A-frame e longueiros inferiores reforzados. Ao pouco tempo descubriuse que a fuselaxe, especialmente ao redor das escotillas, era demasiado débil para as operacións en portaavións. Nun intento por aliviar esta condición, remacháronse tiras de reforzo ao redor das aperturas das escotillas e ao longo dos longueiros principais da fuselaxe.
118 Seafire Mk Ib máis que incorporaron os reforzos na fuselaxe foron modificados a partir de Spitfire Vb por Cunliffe-Owen en Eastleigh e por Air Training Service. Eses avións equipáronse co equipo de radio HF naval e equipo IFF ademais dunha baliza de busca Type 72. Nestes e nos seguintes Seafire os instrumentos recalibráronse para ler nós e millas náuticas e ver de millas por hora e millas terrestres. O armamento fixo era o mesmo que o do Spitfire Vb; dous canóns de 20 mm Hispano Mk II alimentados por un cargador de tambor e catro metralladoras de 7,7 mm Browning. Tamén se concibiu para levar un depósito de combustible de 136 l debaixo da fuselaxe.Bachelor 1971, pp. 229-230 En xuño de 1942 tiveron lugar as primeiras entregas do Seafire ao 807 Squadron. Outra unidade de primeira liña, o 801 Squadron, operou esta versión a bordo do HMS Furious dende outubro de 1942 ata setembro de 1944.Bachelor 1971, pp. 232-233
Máis desenvolvementos A segunda variante seminaval do Seafire, e a primeira en ser construída como tal, foi o Seafire F Mk IIc que estaba baseado no Spitfire Vc. O Vc tiña varios refinamentos con respecto ao Vb. Ademais das modificacións incluídas no lote principal de Seafire Ib, esta versión podía lanzarse cunha catapulta, e un gancho para unha eslinga a cada lado da fuselaxe, xusto detrás do mamparo do motor.Bachelor 1971, p. 230 Producíronse tres subtipos, os F Mk IIc e FR Mk IIc (cazas e recoñecemento), impulsados por un Merlin 46, e o L Mk IIc cun Merlin 32 de baixa altitude fabricado especificamente para uso naval.Bachelor 1971, pp. 230-231 Esta versión do Merlin usaba un impulsor de sobrealimentador "recurtado" para proporcionar unha maior potencia a altitudes baixas que os motores estándar, entregando 1 585 cabalos a 838 m. Os dous modelos de motor impulsaban unha hélice Rotol de catro pás de 3,28 m de diámetro. Debido a que esta versión usaba a á "C" o canón Hispano estaba alimentado por un cargador de cinto de 120 proxectís, pero usaba o mesmo armamento que o Ib; o FR tamén levaba dúas cámaras F24. Despois das probas do aparato Rocket Assisted Take Off Gear (RATOG) (pequenos motores foguete de combustible sólido que podían instalarse na fuselaxe ou nas ás para axudar a que as engalaxes fosen máis curtas) en febreiro de 1943, este equipamento fíxose estándar en todos os Seafire. Porén, moitos pilotos da FAA rara vez usaban o RATOG, en parte debido a que non había moita necesidade para iso e tamén debido aos riscos que suscitaba unha ignición asimétrica.
O modelo IIc foi o primeiro do Seafire en ser despregado operacionalmente en grandes números. Supermarine construíu 262 unidades deste modelo e outros 110 foron fabricadas por Westland, que tamén fabricou 30 Seafire Mk III (Hybrid) (Mk III sen ás pregables).Bachelor 1971, pp. 231-232 Aínda que desenvolvido para uso en portaavións, esta versión aínda carecía das ás pregables necesarias para o seu uso a bordo dalgúns portaavións da Royal Navy, algúns dos cales tiñan pequenos elevadores de avións incapaces de acomodar toda a envergadura dos Seafire.Bachelor 1971, p. 232 miniatura|250x250px|Priegues das ás dun Seafire O Seafire F Mk III foi a primeira adaptación real do deseño do Spitfire para usarse en portaavións. Desenvolveuse a partir do Seafire Mk IIc, pero incorporando ás pregadas manualmente que permitían a máis avións ser estacionados nas cubertas e nos hangares baixo elas. Supermarine ideou un sistema de dous pregues rectos; introduciuse un corte inmediatamente fóra das baías das rodas dende onde a á inclinábase cara a arriba e lixeiramente inclinada cara a fuselaxe. Unha segunda bisagra na punta da á permitía que esta se pregase cara a abaixo (cando as ás eran pregadas as puntas pregábanse cara a fóra). Esta versión usaba os máis potentes Merlin 55 (F Mk III e FR Mk III) ou Merlin 55M (L Mk III), impulsando a mesma hélice de catro pás usada na serie IIc; o Merlin 55M era outra versión do Merlin para un máximo rendemento a baixa altitude. Outras modificacións realizadas nos Spitfire que tamén chegaron ao Seafire, incluído un filtro de aire Aero-Vee e escapes tipo exector de seis pilas. O canón máis curto e lixeiro Hispano Mk V foi introducido durante a produción así como accesorios para tanques de combustibles nas ás.Morgan e Shacklady 2000, pp. 534-536 Este Mark foi fabricado en maior cantidade que calquera outra variante do Seafire; dos 1 220 fabricados Westland construíu 870 e Cunliffe Owen 350. En 1947 Supermarine quitou todo o equipamento naval de 12 Mk III e estes avións entregáronse ao Corpo Aéreo de Irlanda.Air International, Vol 15 No 4, pp. 177-181Robertson 1973, pp. 194-196