Supermarine foi un construtor aeronáutico británico famoso principalmente por fabricar o caza Spitfire durante a segunda guerra mundial, ademais de construír distintos hidroavións e unha serie de cazas a reacción tras a guerra. A compañía tivo moito éxito no Trofeo Schneider para hidroavións, gañando tres edicións seguidas en 1927, 1929 e 1931.

A compañía fundouse no ano 1913 como Pemberton-Billing Ltd no río Itchen preto de Woolston, Southampton, nuns terreos mercados anteriormente por Noel Pemberton Billing para construír lanchas motoras. Fabricou un par de prototipos usando deseños cuadriplanos para derrubar cepelíns, o Supermarine P.B.29 e o Supermarine Nighthawk. Os avións equipáronse co canón sen retroceso Davis e o Nighthawk tiña unha planta de potencia separada para alimentar un reflector. Tras a súa elección como Membro do Parlamento en 1916, Pemberton-Billing vendeu a compañía ao xerente da súa fábrica e socio durante moito tempo Hubert Scott-Paine, que a rebautizou como Supermarine Aviation Works Ltd. A compañía fíxose famosa a finais dos anos 30 polos seus éxitos no Trofeo Schneider.

En 1928, Vickers-Armstrongs tomou o control de Supermarine como Supermarine Aviation Works (Vickers) Ltd e en 1938 todos os intereses de Vickers-Armstrongs na aviación reorganizáronse para converterse en Vickers-Armstrongs (Aircraft) Ltd, aínda que Supermarine continuou deseñando, fabricando e comercializando co seu propio nome. A frase Vickers Supermarine aplicouse aos avións. O primeiro deseño dun avión de terra de Supermarine en entrar en produción foi o famoso e exitoso Spitfire. O anterior Hawker Hurricane e o Spitfire foron os piares do Mando de Caza da RAF que combateu contra os ataques de bombardeo da Luftwaffe con escoltas de cazas durante a Batalla de Inglaterra no verán de 1940. Aínda que o Hurricane estaba dispoñible en grandes números e polo tanto xogou un rol maior, o novo Spitfire captou a imaxinación popular e converteuse no avión asociado á batalla. Durante o resto da guerra pasou a xogar un papel moi importante cun gran número de variantes, e foi o único caza aliado en ser fabricado durante todo o conflito. Outro avión dese período é o Seafire (unha versión naval do Spitfire). Supermarine tamén desenvolveu o Spiteful e o Seafang, os sucesores do Spitfire e do Seafire, respectivamente, e o hidroavión Walrus. As principais instalacións de Supermarine foron duramente bombardeadas en 1940. Isto afectou gravemente os traballos do seu primeiro deseño de bombardeiro pesado, o Supermarine B.12/36, aos ser destruídos os dous prototipos en construción, sendo finalmente substituído polo Short Stirling.

Tras o final da guerra a división Supermarine fabricou o primeiro caza a reacción da Royal Navy, o Attacker, desenvolvido a partir da derradeira versión do Spitfire. Operou en escuadróns de primeira liña a bordo de portaavións e en escuadróns da Reserva Naval en bases en terra. O Attacker foi seguido polo máis avanzado Swift que operou como caza e como avión de fotorrecoñecemento. O derradeiro avión de Supermarine foi o Scimitar. Na reorganización da industria aeronáutica británica, Vickers-Armstrongs (Aircraft) converteuse en parte da British Aircraft Corporation e os nomes históricos individuais perdéronse.

Historia

Fundación miniatura|Retrato de estudo de Noel Pemberton-Billing En 1909 o británico Noel Pemberton-Billing mercou varios talleres de enxeñería en 1 200 ha de terra no sur de Sussex coa intención de desenvolver como un aeródromo. Ao mesmo tempo, construíu varios avións deseñados por el mesmo sen éxito. Para promover a empresa fundou a súa propia revista, Aerocraft.Pegram, p. 13 A pesar de atraer a algúns construtores de avións, a empresa do aeródromo fracasou nun ano e case ao mesmo tempo vendeu Aerocraft. En 1911, Pemberton-Billing mercou instalacións para proporcionar unha base para un negocio de iates e lanchas a motor á beira do río Itchen en White's Yard, Woolston, Southampton. Para xestionar o negocio Pemberton-Billing contratou ao seu amigo Hubert Scott-Paine, a quen coñecera cando estaba involucrado na especulación inmobiliaria en Shoreham, Kent. Pemberton-Billing, a súa muller e Scott-Paine vivían no iate Utopia, propiedade do primeiro.

Baixo a xestión de Scott-Paine o negocio comezou a ter beneficios ao pouco tempo, o que lle permitiu a Billing (coa axuda de Scott-Paine) deseñar unha serie de hidroavións con hélice e ás desmontables para que con elas retiradas puidese utilizarse como lanchas a motor.Pegram, p. 14 Pemberton-Billing presentou unha solicitude de patente para o seu deseño en outubro de 1913. Despois de obter o seu certificado de aviador o 17 de setembro de 1913 tras apostar £500 a Frederick Handley-Page que podería obtelo en 24 horas de comezar o adestramento de voo, decidiu construír o seu propio avión.

En colaboración con Alfred Delves de Broughton, Billing fundou Pemberton-Billing Ltd o 27 de xuño de 1914 cun capital de £20 000. Billing tiña 6 800 accións, Broughton 3 700 e o enxeñeiro de obras Lorenz Hans Herkomer, que tiña formación tiña en enxeñaría eléctrica e automóbiles, 500. O romanés Carol Vasilesco foi contratado para preparar debuxos e encargarse do deseño detallado das fuselaxes. Nun terreo en Oakbank Wharf no río Itchen, tamén en Woolston, que Billing comprara anteriormente, a compañía estableceu unha fábrica con Hubert Scott-Paine como xefe de traballo. O seu enderezo telegráfico rexistrado, utilizado para o envío de telegramas e cables á empresa, era Supermarine, Southampton.

Primeiros avións O primeiro avión construído pola nova compañía foi o Pemberton-Billing P.B.1, un hidroavión biplano monopraza con cabina aberta.London 2003, p. 8Jarrett, Air Enthusiast, Forty-eight, pp. 7-8 Despois de realizarlle modificacións, o P.B.1 foi probado, pero non conseguiu voar.Jarrett, Air Enthusiast, Forty-eight, p. 9 Billing, que deseñara o avión, afirmou que "quería un bote que puidese voar en vez dun avión que puidese flotar".Walpole, p. 11 Aínda que non hai ningunha proba, Billing afirmou que a aeronave fixo un salto curto, aínda que outras fontes afirman que o PB.1 nunca voou.London 2003, pp. 8-9Andrews e Morgan 1987, p. 15 O único P.B.1 foi posteriormente desmantelado e non se construíron outros exemplares.Jarrett, Air Enthusiast, Forty-eight, p. 10

Outro dos primeiros deseños foi o P.B.7, un bote salvavidas voador con ás desmontables. O seguinte deseño destacable foi o P.B.9, que utilizaba un conxunto de ás que fora obtido de Radley-England. Só se construíu un exemplar e mentres se probaba considerouse que a súa produción non pagaba a pena.Pegram, p. 15 Ao non conseguir pedidos, Billing tivo que vender un dos seus iates e cederlle parte das instalacións a Tom Sopwith, quen o usou para a montaxe e despois proba do seu Bat Boat.

Primeira guerra mundial miniatura|Hubert Scott-Paine O estoupido da Primeira Guerra Mundial fixo que Billing se alistase na reserva de voluntarios da Royal Navy (RNVR), e así xa deixou de estar involucrado nas actividades do día a día. Co negocio a estas alturas en serios problemas económicos por falta de pedidos e o 80% dos traballadores foron despedidos, quedando tan só 14 empregados. O 14 de novembro de 1914 Broughton utilizou os seus recursos para pagar as débedas da empresa, o que permitiu que a compañía continuara cos seus negocios. Conseguiuse algunha carga de traballo como subcontrata reparando aeronaves de Sopwith. Broughton entón alistouse o que deixou a Scott-Paine ao mando. Tamén en 1914 Carol Vasilesco morreu de súpeto dun ataque cardíaco, quedando empresa sen deseñador.

A principios de 1915 a empresa obtivo traballos de construción de 12 hidroavións Short S.38 baixo licenza.

A compañía seguiu traballando nos seus propios deseños, sendo o seguinte en ver a luz o P.B.23. O prototipo foi entregado en setembro de 1915 e as probas realizáronse en Heldon, indicando que o deseño podía prometer. Como resultado, fabricouse unha versión revisada designada P.B.25, do cal o Royal Naval Air Service (RNAS) recibiu 20 unidades.

A finais de 1915, tras acabar de servir co RNVR e o RNAS, Billing regresou á compañía. Como resultado da súa experiencia mentres participaba na organización do ataque aéreo en novembro de 1914 nos hangares de cepelíns en Friedrichshafen, no lago de Constanza, Billing cría que Inglaterra estaba indefensa contra os ataques dos cepelíns. Polo tanto, o seu regreso fixo que a compañía se concentrase no deseño do cuadriplano P.B.29, deseñado para derrubar dirixibles.

En maio de 1916 adxudicóuselle á compañía un contrato do Departamento Aéreo do Almirantado para construír as superficies de voo do AD Flying Boat e para levar a cabo o deseño detallado e a construción do AD Navyplane.Pegram, p. 16 Inicialmente o AD Flying Boat tiña un comportamento pobre na auga, pero finalmente este problema foi resolto e chegáronse a construír 34 unidades, aínda que ningunha delas entrou en servizo.

Supermarine Aviation Works En marzo de 1916 Billing foi elixido Membro do Parlamento. Unha vez no parlamento foi moi vocal no seu apoio ao poder aéreo, acusando constantemente ao goberno de descoidar o tema. Xa que pretendía facer unha campaña contra a Royal Aircraft Factory e os seus produtos, fíxose evidente que, se a compañía quería manter unha boa relación co Departamento de Aire e obter máis pedidos, era necesario que a empresa se distanciase de Billing. Como resultado, Billing vendeu as súas accións na compañía por unhas £12 500 a Hubert Scott-Paine e os outros directores que renomeárona Supermarine Aviation Works Ltd, rexistrando oficialmente ese nome o 27 de xuño de 1916. Ademais de Scott-Paine, os outros directores eran Alfred Delves de Broughton e o avogado Charles Cecil Dominy.Pegram, p. 20 miniatura|250x250px|Supermarine P.B.31E Nighthawk O primeiro produto da nova compañía foi o P.B.31E Nighthawk que foi un traspaso da época de Billing para un caza cuadriplano de defensa doméstico moi armado e equipado con reflectores. Equipado cun canón sen retroceso Davis, tiña unha planta de potencia independente para alimentar o reflector. Só se construíu o prototipo, que demostrou ter un rendemento insuficiente para ser usado contra cepelíns. Tras completar o Nighthawk Scott-Paine abandonou a fixación de Billing cos cazas anticepelíns, e coa esperanza de conseguir pedidos de hidroavións estableceu unha forte relación coa RNAS a través do seu oficial de enlace local James Bird.

A principios do ano 1916 William Abraham Hargreaves foi contratado como deseñador xefe.

En 1917, decatándose de que necesitaba reforzar a capacidade técnica da compañía, Scott-Paine buscou un asistente persoal.McKinstry, pp. 19-20 O elixido foi R. J. Mitchell, que impresionou tanto a Scott-Paine que foi contratado no momento e recibiu unha serie de roles dentro da compañía para que tivese contacto con todos os aspectos do negocio.Pegram, pp. 17-18

Tamén en 1917 Supermarine foi contratada para construír torpedeiros Short Type 184 e adestradores Norman Thompson N.T.2B.

En resposta á publicación da Especificación N.1 (b) da Xunta Aérea da Mariña a principios de 1917, a compañía deseñou o que máis tarde sería coñecido como Supermarine Baby.

Posguerra A sinatura do acordo de armisticio e as poucas perspectivas de conseguir algún contrato militar durante algún tempo levaron á diversificación da empresa, empregando aos seus carpinteiros na construción de todo, desde asentos de inodoro ata carrocerías de madeira para coches Ford Model T.Walpole, p.12