Miguel Cuellas Gómez, coñecido como Artillero, nado en Columbrianos (Ponferrada) en 1912 e finado no mesmo lugar o 5 de xuño de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 conseguiu fuxir e participou na defensa de Asturias na II Batería de Obuses.Ficha no Centro Documentalde la Memoria Histórica. No congreso de Ferradillo no que se fundou a Federación de Guerrillas de León-Galicia en abril de 1942, foi designado responsable da I Agrupación con Hilario Álvarez Méndez. Operaban na área delimitada ao leste polo río Sil e ao norte con Ponferrada, Astorga e Bembibre. Integrouse no grupo de Marcelino de la Parra. Traizoado por un oficial de enlace, foi asasinado o 5 de xuño de 1945 xunto cos seus compañeiros Robustiano Arias Carujo e Manuel Moreno Casado e os enlaces Catalina Martínez Núñez e Pedro García Tirado, cando foron localizados pola Garda Civil en Columbrianos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas 70 años del asalto a la casa de Columbrianos que fulminó a los guerrilleros ‘Artillero’, ‘Felipe’ y ‘Andaluz’ junto a sus enlaces
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados en Ponferrada Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1945