miniatura|dereita|Bandeira da República Turca do Norte de Chipre. O nacionalismo turco (en ) en Chipre é un nacionalismo étnico que apoia a independencia da República Turca do Norte de Chipre e desexa que o Norte de Chipre se manteña independente de Turquía mentres se opón á idea dun Chipre unido na República de Chipre dominada polos gregos. O obxectivo do taksim, é dicir, a división da illa de Chipre en partes turcas e gregas, está moi estendido entre os nacionalistas turcochipriotas. Porén, un número considerable deles desexa que Turquía anexione Chipre.

Historia miniatura|Estatua do piloto turco Cengiz Topel en Eskişehir, Turquía. Topel era un dos pilotos enviados por Turquía a bombardear as posicións gregas en Kokkina en agosto de 1964. Alí, foi capturado e torturado até a morte. Topel é un importante símbolo do nacionalismo turco en Chipre, e é coñecido como o "primeiro mártir de Chipre" en Turquía e o Norte de Chipre. En 1911, realizáronse 3 concentracións en contra da enosis (unificación de Chipre e Grecia) por parte dos turcos chipriotas en toda a illa. Estas concentracións foron o primeiro incidente importante do nacionalismo turcochipriota no século XX e a primeira acción organizada contra a enosis polos turcochipriotas. A década de 1920 foi unha década crítica en termos de compartimentos etno-relixiosos máis estritos; por iso, os turcochipriotas que permaneceron na illa adoptaron gradualmente a ideoloxía do nacionalismo turco debido ao impacto da revolución kemalista.

Nas décadas de 1950 e 1960, o nacionalismo turco en Chipre desenvolveuse principalmente en resposta ó nacionalismo grego e grecochipriota e o seu desexo pola enosis, a unión da illa con Grecia. Nun principio, os turcos chipriotas favoreceron a continuidade do dominio británico. Porén, estaban alarmados polas chamadas grecochipriotas á enosis, xa que viron que a unión de Creta con Grecia provocara o éxodo dos turcos cretenses, o que era un precedente a evitar, e tomaron un postura a prol da partición en resposta á actividade militante da EOKA. O slogan "Taksim ou Morte" utilizouse con frecuencia nas protestas turcochipriotas e turcas a finais da década de 1950 e durante toda a década de 1960. Despois das Conferencias de Zúric e Londres, Turquía parecía aceptar tanto a existencia do estado chipriota como o distanciamento da súa política de favorecer a partición da illa, mais o obxectivo dos líderes turcos e turcochipriotas seguía sendo o de crear un estado turco independente na parte norte da illa.

O 6 de agosto de 1964, unidades da Garda Nacional chipriota e grupos armados turcochipriotas comezaron a enfrontarse preto de Kokkina. O 8 de agosto de 1964, despois de agardar durante case dous días, interveu Turquía, unha vez que quedou claro que os grecochipriotas non se retirarían de Kokkina, senón que se limitarían a comprometer cada vez máis forzas de asedio ata que os turcochipriotas quedaran sen subministracións. O incidente foi un importante punto de inflexión no nacionalismo turco e turcochipriota, e provocou un aumento masivo das opinións nacionalistas entre os turcochipriotas. Este aumento foi principalmente a favor da idea da anexión turca de Chipre.Pierre Oberling, The road to Bellapais: the Turkish Cypriot Exodus to Northern Cyprus, Social Science Monographs, 1982, p. 120.

O 20 de xullo de 1974, Turquía lanzou unha invasión da illa tras un golpe de estado artellado pola Xunta grega contra o presidente Makarios, co obxectivo de unir a illa con Grecia. A segunda ofensiva turca, co nome en clave "Attila 2", tivo lugar entre o 14 e o 18 de agosto de 1974 e estendeuse polo oeste ata o enclave de Kokkina.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Nacionalismo turco Invasión turca de Chipre

Categoría:Nacionalismo turco