Years and Years é unha serie de televisión británica producida conxuntamente entre a BBC e HBO. Comezou a emitirse no Reino Unido pola canle BBC One o 14 de maio de 2019 e en HBO o 24 de xuño de 2019.
A serie foi creada e escrita por Russell T Davies, e está protagonizada por Emma Thompson como Vivienne Rook, unha empresaria convertida en política que divide o país coas súas opinións controvertidas, xunto con Rory Kinnear, Russell Tovey, Jessica Hynes, Ruth Madeley e Anne Reid, como os membros da familia Lyons.
Sinopse Os Lyons son unha familia británica que vive en Manchester. Daniel está casado con Ralph, Stephen e Celeste preocúpanse polas súas fillas, Rosie busca unha nova parella e Edith está comprometida cunha causa humanitaria detrás doutra. A matriarca da familia é Muriel, a súa avoa. As vidas de todos eles converxen nunha crucial noite de 2019, e a trama avanza no futuro, seguindo as vidas e os romances dos Lyons ao longo de 15 anos nos que o Reino Unido é sacudido por axitados cambios políticos, inestabilidade económica e grandes avances tecnolóxicos.
Elenco Principal Russell Tovey como Daniel Lyons, empregado do concello de Manchester. Irmán de Rosie, Stephen e Edith. Rory Kinnear como Stephen Lyons, consultor financeiro. Vive en Londres coa súa muller, Celeste, e as súas fillas. Irmán máis vello de Edith, Rosie e Daniel. T'Nia Miller como Celeste Bisme-Lyons, contable e muller de Stephen. Ruth Madeley como Rosie Lyons, a irmá máis nova dos Lyons. Ten espiña bífida, é nai solteira e ten dous fillos, Lee e Lincoln. Traballa nun comedor escolar. Anne Reid como Muriel Deacon, a avoa dos irmáns Lyons. Jessica Hynes como Edith Lyons, irmá de Daniel, Stephen e Rosie. É activista política. Emma Thompson como Vivienne Rook MP, unha empresaria carismática que se fai política.
Recorrente Dino Fetscher como Ralph Cousins, exmarido de Daniel. É mestre de educación primaria. Maxim Baldry como Viktor Goraya, un refuxiado ucraíno que establece unha relación con Daniel. Lydia West como Bethany Bisme-Lyons, filla máis vella de Stephen e Celeste. Jade Alleyne como Ruby Bisme-Lyons, filla máis nova de Stephen e Celeste. Sharon Duncan-Brewster como Fran Baxter, unha contacontos e activista amiga de Daniel. Acaba mantendo unha relación con Edith.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Years and Years na páxina da BBC.
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2019 Categoría:Series de televisión da BBC Categoría:Series de televisión da HBO