250px|miniatura|dereita|Bandeira de Palestina.

O nacionalismo palestino (en ) é o movemento nacional do pobo palestino para acadar a autodeterminación e a soberanía de Palestina.de Waart, 1994, p. 223. Referencing Article 9 of The Palestinian National Charter of 1968. The Avalon Project has a copy here Orixinalmente formado en oposición ao sionismo, o nacionalismo palestino posterior internacionalizouse e está suxeito a outras ideoloxías.Joffe, Alex. "Palestinians and Internationalization: Means and Ends." Begin–Sadat Center for Strategic Studies. 26 de novembro de 2017. Consultado o 28 de novebro de 2017. Baséase no rexeitamento á ocupacion histórica dos territorios palestinos por parte de Israel e a ocupación árabe non doméstica por parte de Exipto sobre a Franxa de Gaza e o dominio xordano sobre Cisxordania.

Orixes

No seu libro Palestinian Identity: The Construction of Modern National Consciousness (1997), o historiador Rashid Khalidi sinala que a estratificación arqueolóxica que amosa a historia de Palestina —abranguendo os períodos bíblico, romano, bizantino, omeia, fatimí, cruzado, aiúbida, mameluco e otomán— forma parte da identidade do pobo palestino contemporáneo tal e como se chegou a entender ao longo do século XIX,Khalidi, 1997, páx. 18. mais rexeita os esforzos dalgúns nacionalistas palestinos en intentar rastrexar anacronicamente na historia unha conciencia nacionalista que é, de feito, relativamente moderna.Khalidi, 1997, páx. 149. Khalidi subliña que a identidade palestina nunca foi exclusiva e que o arabismo, a relixión e as lealdades locais sempre xogaron un papel salientable.Khalidi, 1997, páxs. 19–21. Afirma que a identidade nacional moderna dos palestinos ten a súa orixe nos discursos nacionalistas que xurdiron entre os pobos do Imperio Otomán a finais do século XIX, e agudizouse trala delimitación das fronteiras dos estados-nacións modernos do Oriente Medio, despois da primeira guerra mundial. Recoñece que o sionismo tivo a súa importancia na formación desta identidade, mais declara que «é un grave erro suxerir que a identidade palestina principalmente como unha resposta ao sionismo». Khalidi describe a poboación da Palestina mandataria como unha poboación con «identidades superpostas», que expresaban lealdades cara a vila, rexións, o prexecto de nación palestina, a inclusión na Gran Siria, o proxecto nacional árabe e o islam.Provence, Michael (2005) The Great Syrian Revolt and the Rise of Arab Nationalism, University of Texas Press, ISBN 0-292-70680-4 páx. 158 Apunta que «o patriotismo local aínda non se podía describir como un nacionalismo de estado-nación».Rashid Khalidi (1997) Palestinian Identity: The Construction of Modern National Consciousness, Columbia University Press, ISBN 0-231-10515-0 páx. 32

O historiador israelí Haim Gerber, profesor de Historia islámica na Universidade Hebrea de Xerusalén, fai remontar o nacionalismo palestino a un xurista islámico do século XVII, o muftí Khayr al-Din al-Ramli (1585–1671), que vivía en Ramala. Asegura que os edictos relixiosos (fatwa, plural fatawa) de Khayr al-Din al-Ramli, que foron recompilados en 1670 baixo o título al-Fatawa al-Khayriyah, demostran unha conciencia territorial: «Estas 'fatawa' son arquivos contemporáneos sobre a época, e dan unha visión complexa das relacións agrarias». Nesta recompilación de fatawa de 1670, Khayr al-Din al-Ramli emprega conceptos como Filastin, biladuna (o noso país), al-Sham (Siria), Misr (Exipto) e diyar (país), en sentidos que parecen ir máis aló da xeografía obxectiva. Gerber descríbeo como «unha conciencia territorial embrionaria, aínda que se refira a unha conciencia social máis que a unha conciencia política».

O historiador Baruch Kimmerling e o especialista en relacións internacionais Joel Migdal consideran que a revolta árabe de 1834 en Palestina é o primeiro acontecemento nacionalista do pobo palestino,Kimmerling, Baruch e Migdal, Joel S, (2003) The Palestinian People: A History, Cambridge, Harvard University Press, ISBN 0-674-01131-7 páxs. 6-11 mentres que Benny Morris asegura que os árabes de Palestina se mantiveron como parte dun movemento nacionalista panislámico ou panárabe máis amplo.Benny Morris, Righteous Victims, páxs. 40-42 na edición francesa.

No seu libro The Israel-Palestine Conflict: One Hundred Years of War, o especialista en historia de Oriente Próximo James L. Gelvin declara que «O nacionalismo palestino xurdiu durante o período de entreguerra en resposta á inmigración e os asentamentos sionistas».Gelvin, 2005, páxs. 92-93. Matiza afirmando que este feito non resta lexitimidade á identidade palestina: «O feito de que o nacionalismo palestino se desenvolveu máis tarde que o sionismo, e en resposta a este, non diminúe de ningunha maneira a lexitimidade do nacionalismo palestino nin o fai menos válido que o sionismo. Todos os nacionalismos xorden en oposición a algún "outro". Se non, por que existiría a necesidade de afirmar quen é un? Todos os nacionalismos nacen en oposición ao "outro". E todos os nacionalismos defínense por aquilo ao que se opoñen.»

Bernard Lewis sostén que os árabes palestinos do Imperio Otomán non opoñían unha nación palestina ao sionismo, porque o concepto de nación era un concepto descoñecido para os árabes da rexión naquela época, e que non apareceu até máis tarde. Mesmo o concepto de nacionalismo árabe nas provincias árabes do Imperio Otomán «non alcanzou proporcións significantes até o estoupido da primeira guerra mundial».

Daniel Pipes afirma que «Non existía un pobo árabe palestino ao inicio de 1920, pero no mes de decembro tomou unha forma recoñecible e comparable coas de hoxe en día». Pipes sostén que coa creación do mandato británico de Palestina a partir da Gran Siria, os árabes do mandato víronse obrigados a adaptarse á súa situación e comezaron entón a definirse como palestinos.

Obxectivos

Recoñecemento do Estado palestino As propostas contemporáneas dun Estado palestino inclúen o establecemento dun Estado independente para o pobo palestino en terras recoñecidas previamente como palestinas que se atopan ocupadas por Israel desde a Guerra do Seis Días de 1967, e antes dese ano por Exipto (Gaza) e Xordania (Cisxordania e o leste de Xerusalén). As propostas inclúen a Franxa de Gaza, que está controlada pola facción Hamas da Autoridade Nacional Palestina; Cisxordania, que é administrada pola facción Fatah da Autoridade Nacional Palestina; e o leste de Xerusalén, que foi anexado unilateralmente por Israel en 1980 e permanece baixo o seu control. Unha minoría de palestinos e israelís apoian unha solución dun só Estado en toda a rexión que ocupou o mandato británico en Palestina, que incluía a toda Gaza, Cisxordania e Israel.

Do río ao mar "Do río ao mar" é un dos slogans políticos máis populares do nacionalismo palestino. Fai referencia á terra que se atopa entre o río Xordán e o mar Mediterráneo. Foi utilizada con frecuencia en declaracións de dirixentes árabes. Tamén se canta en protestas e manifestacións pro-palestinas, onde a miúdo é seguido pola frase "Palestina será libre" ou "Palestina vencerá".

Desde a súa creación en 1964 ata a década de 1980, a OLP reclamou Palestina "do río ao mar" como o seu territorio. Dun xeito lixeiramente diferente, Hamás tamén reivindica "Palestina do río ao mar", referíndose a todas as áreas do ex Mandato británico de Palestina.

Notas